What do you think?


dente de leite
dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez. En dente de leite, amais de ollar a maternidade desde os ollos da filla, Arancha Nogueira constrúe a narrativa das medras nun poemario agridoce pero cálido, que abeira a infancia e a idade adulta dunha xeración que ansía o regreso da protección constante, da emoción da descuberta
.XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu
.XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu
- GenresPoetry
64 pages, Kindle Edition
First published February 1, 2020
About the author
Arancha Nogueira
11 books11 followersArancha Nogueira (Ourense, 1989) publicou o libro de poemas Andar descalza (2014), Premio de Poesía Francisco Añón; o único lugar onde ficar inmóbil (2018); spleen en catro tempos (2018) e a comparsa (2019), alén de gañar diversos premios de poesía, como o Johán Carballeira, por dente de leite (Xerais, 2019). É xornalista e investigadora predoutoral, e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega.
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 8 of 8 reviews
April 16, 2020
As persoas que seguimos a Arancha Nogueira nas redes sociais, en especial Instagram, sabemos da importancia que ela dá aos afectos, á demostración de cariño nunha sociedade que, porén, camiña no sentido contrario, cara ao individualismo. Mais ela teima en construír pontes de amor, e con este poemario recolle sensacións e vivencias entre unha nai e unha filla, dende a infancia máis temperá, significada nas viaxes á praia, ata esa idade adulta na que a incomprensión comeza a desestabilizar o elo. Este poemario defínese, pois, como unha escolma de lembranzas ou a busca desa linguaxe común presente en todas as familias e, máis concretamente, entre nais e fillas.
Recensión na miña web: https://lecturafilia.com/2020/03/16/d...
Recensión na miña web: https://lecturafilia.com/2020/03/16/d...
August 7, 2020
Coidado con este libro, que emociona.
August 16, 2020
nai-filla 💘💘💘💘💘💘💘💘💘💘💘💘💘
February 5, 2021
Aiiiii non, creo que choro.
Alégrame que descubrira este pequeno poemario.
Alégrame que descubrira este pequeno poemario.
October 14, 2021
''saber que o presente vai ser cousa da memoria''
🌪
🌪
June 30, 2024
Un libro que recomendaría a mi familia, amigues y cualquier persona que necesite algo familiar, agradable y cariñoso a la par que nostálgico y todo lo que trae consigo. No sabía de Arancha Nogueira y la descubrí de casualidad gracias a las clases de gallego, y la verdad me alegro muchísimo de haber decidido leer el libro. Me hizo sentir muchísimas cosas, y no puedo esperar a tenerlo en mis manos, además de continuar leyendo otras obras suyas!
May 3, 2020
Dulce, cálido y familiar, como un día de playa en la infancia.
May 25, 2024
Poemario de veludo que transmite um passado alegre e um futuro que puido ser melhor.
Delicado e duro, genial.
Delicado e duro, genial.
Displaying 1 - 8 of 8 reviews









