What do you think?

O verán en Lucenza
A acción sitúase nos anos setenta nunha afastada aldea galega cun rapaz que pasa as vacacións de verán coas súas tías avoas, como protagonista. Ao tempo que constrúe a súa personalidade, o protagonista énchese de experiencias e descubertas e debe aprender a vivir co peso da culpa. Desde un ton confesional e intimista, asistimos á recreación do concepto da memoria, persoal e comunal, a partir da visión dun adolescente que nos devolve a unha Galicia rural que xa non existe.
112 pages, Kindle Edition
First published January 1, 2020
About the author
Alberto Fortes
21 books5 followersAlberto Fortes (Pontevedra, 1964) é autor de varias obras de temática mariña, como a novela Amargas han sido las horas (1998) ou Memorial de a bordo (2003), unha viaxe nos barcos máis senlleiros da literatura. En Xerais publicou O Corsario (2005), un relato de investigación sobre a vida dos irmáns Gago de Mendoza, corsarios galegos do Morrazo. Outras obras súas son Memorias de Ravachol, Crónicas de San Domingos, O Violín de Sarasate e La memoria de las truchas. Os seus últimos libros son Los viajes de Shackleton a la Antártida (2014), sobre a vida do famoso explorador irlandés, e O dobrón de a oito (Xerais, 2015).
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
February 24, 2024
O VERÁN EN LUCENZA. Alberto Fortes. 111 pags (6/10)
O fillo do Cortizo pasa o verán en Lucenza coas suas tías, as Bouzanas. Son os anos 60 e os días pasan tranquilamente nesa aldea onde moitas casas xa están abandonadas. O neno vai recordando a veciños que xa morreron. E unha aldea que vai quedando sen xente, ata o camiño que chega está sen asfaltar e a estrada remata alí
As tardes vai pescar, sempre que pode escapa da casa. Faille moitos recados as tías. Entre outros vai a taberna, o único lugar que vende cousas que non saen da terra e tamén onde teñen o único coche para poder moverse. Na taberna soe estar Nemesio, o pobre do pobo, a quen todos intentan coidar. Ainda que sexa un lacazán a xente axúdalle, el é o pobre mais presentable da contorna
As tías son mulleres viudas que perderon os maridos na guerra civil, son devotas e tradicionais. Falan pouco e moitas veces intentando que o neno non se entere. Xogan a brisca e ao rapaz fanlle ditados da Biblia. A casa ten un cuarto falso ao que non lle deixan entrar. A aldea celebra o San Roque, é o patrón e chega moita xente de visita, as tías son as que rezan a novena na capela e él aproveita para fuchicar no cuarto falso e atopa cartas da guerra e ata unha pistola
O tempo se pasa vagando polas veigas e pescando nos ríos

This entire review has been hidden because of spoilers.
November 10, 2021
O verán en Lucenza non e mais que un dos teus veráns na aldea! Recordas? A liberdade do rural, a familiaridade cos veciños, (tamen os cotilleos), a visita dos familiares, a festa do pobo, as trastadas.. !
Todas estas cousas son as que nos conta o fillo do Cortizo. Xa sabedes... ( e ti de quen ves sendo ? ) pois das Bouzanas, que son as suas tías avoas que o cuidan ese verán dos anos 70.
Aqueles veráns na aldea marcaron a infancia de todos os que tiñamos a sorte de poder ten unha ( aldea ), chegaban eses periodos e parecía que voltaba a liberdade! Deixabannos facer e descubrir cousas que na cidade nin se sospeitaba que existían...
Unha novela moi curta, chea de añoranza e as lembranzas deste rapaz veraneante na Galicia rural.
Para min o único pero, é o Galego que usa. Moi rebuscado. Con palabras moi academicas, e bastante complicadas, pouco coloquiais. Tiven que acudir por varias veces o diccionario, e ainda que iso está ben porque aprendes cousas novas, distraeme moito da lectura

September 11, 2022
Esta novela fue un hermoso viaje de regreso a mi infancia. Así que la disfruté por partida doble, riéndome a carcajadas de las ocurrencias de O fillo do Cortizo, y recordando las mías.
Está muy bien contada, tal vez un poco corta. Me quedé con ganas de leer más.
Mis partes favoritas para recordar:
...Xa estarán coa barafunda do baño e co da cea a outra.
...Para min a igrexia será sempre un lugar de pecado.
A hora da sesta
O carto falso.
As Bouzanas
Truchas de colores
Una receta que debo probar:
Truchas fritas en manteca de leche, servidas con compota de manzana recocida ligeramente en la misma manteca que quedó de freir las truchas