Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasar o tempo lle contan os compañeiros de doenza -unha manda de lobos en procura do seu propio desamparo-. Simultaneamente, lembra e debulla a súa peripecia. Con cinismo e sarcasmo, o protagonista relata a historia da súa postración e soidade, do enclaustramento na súa casa de campo asistido por monxas mentres é arrastrado por ese vento que leva inevitablemente a todo mortal e un final inxusto. Velaquí a historia dun home “atado a si mesmo”, dun “ser atravesado” que soamente posúa unha certeza, a constancia dos seus erros. Un narrador escéptico e sagaz para quen a sabedoría é ao tempo condena e salvación.
Ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente, o ton confesional desta novela de Alfredo conde fai abrollar a farsa cruenta da vida. Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquel patético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro. “Unha esaxeración propia dun vello consentido”.
Alfredo Conde Cid (Allariz, provincia de Orense, 5 de enero de 1945) es un escritor y político español en lengua gallega y castellana.
Nació en el seno de una familia galleguista de clase media. Estudió Náutica en la Escuela Superior de Náutica de La Coruña e Historia en la Universidad de Santiago de Compostela. Trabajó como marino y también como profesor de Historia en un colegio privado. Fue diputado en el Parlamento de Galicia como independiente en el grupo del PSdeG (1981-1993) y consejero de Cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Fue el primer vicepresidente de la Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)y primer presidente del PEN Club de Galicia (1990-1991) cargos de los que dimitió una vez que dejó organizados dos congresos internacionales de ambos. Entre otros idiomas, ha sido traducido al inglés, italiano, chino, francés o ruso, once libros suyos están en esta última lengua.
é unha sorte que quede escrito prá eternidade o que pensa o meu avó do que é facerse vello. tamén o é ver a forma na que deixa nos seus libros as súas experiencias, o que dá da súa vida ás súas historias, como se desdobra neses personaxes. é unha cousa rara e que me achega una perspectiva diferente destas lecturas, pero que sen dúbida agradecerei sempre.