Jump to ratings and reviews
Rate this book

Galicia contada aos non galeguistas

Rate this book
Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas? E que importancia tivo aquel xantar entre Beiras e Fraga? Este libro intenta contestar a todas estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas. Porque fai falta ter, por fin, respostas que nos sirvan a todos.

120 pages, Paperback

First published March 1, 2020

29 people want to read

About the author

Manuel Veiga Taboada

16 books1 follower
Manuel Veiga Taboada, nado en Monforte de Lemos en 1960, é un xornalista e escritor galego.

Fillo de mestres rurais, viviu até os doce anos entre Diomondi (O Saviñao) e a cidade de Monforte. Fixo o bacharelato en Monforte e aos 17 anos marchou a Madrid, onde residiu entre 1977 e 1983. Licenciouse en Ciencias da Información e Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 2001 doutorouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na UNED, coa tese La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de Faro de Vigo (1898-1923).

En 1983 incorporouse á redacción do semanario A Nosa Terra, do que foi o seu director durante entre 2007 e 2010, e desde entón reside en Vigo. Ademais da súa obra narrativa, é autor tamén de varios traballos relacionados coa historia política e coa literatura, publicados en diversas revistas especializadas.

Colaborador habitual de Nós Diario e A
Nosa Terra.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
5 (15%)
4 stars
11 (34%)
3 stars
14 (43%)
2 stars
2 (6%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for nana.estevez.
61 reviews3 followers
December 31, 2020
Un libro curto pero denso. É moi interesante para coñecer o por qué de moitos tópicos sobre os galegos e Galicia. Moi recomendável para entender a situacion actual da Galiza a nível económico e político.
Profile Image for Nerea Ochoa .
202 reviews
April 18, 2021
Interesante reflexión que intenta explicar de dónde viene la Galicia de hoy y los muchos prejuicios y la visión que se tiene de los gallegos y de su lengua. Rápido de leer, entretenido y, como digo, interesante.
Profile Image for Orballo Lambisqueiro.
6 reviews4 followers
August 2, 2021
Este pequeno libro pon nome a moitas cousas que unha sabe pero non fai evidentes. Coido que pode ser moi interesante, tal e como di o título, a non galeguistas, ben a xente que quera coñecer un pouco máis Galiza ou a mozos e mozas que estean construíndo seu entender do país.
12 reviews
July 13, 2020
Libriño moi fácil de ler e denso, sen unha liña de máis, cousas moi difíciles de combinar. Moitas ideas para profundizar
Profile Image for Daniel Pérez.
2 reviews
January 4, 2021
Sucinta efeméride dos tópicos galegos. Ambicioso no contido. Mágoa ser tan curto.
Boto en falla unha explicación máis longa dalgún relato. Porén, bo libro.
Profile Image for Ana GL.
2 reviews1 follower
April 5, 2022
Aínda que moi entretido e de temas moi variados, teriame gustado que profundizase máis nalgúns capítulos.
Profile Image for Óscar Martínez.
93 reviews3 followers
March 3, 2023
me lo leí literal en lo que tardé en ir y volver al cole y ta chulo!!! viva Ourense!!!!
39 reviews
July 22, 2025
gustoume moito porque conta a historia de Galicia resumidamente, dando pé a explicar a situación actual da comunidade. curto e interesante
Profile Image for María.
97 reviews4 followers
October 11, 2025
Aínda que as ideas que expón son ben interesantes, faise curto e é un chisco anárquico.
Displaying 1 - 9 of 9 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.