Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele. Aldaolado é un dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado desde 2005. Os seus espectáculos poéticos parten da poesía, do humor e da música para comunicarse directamente co público a través dunha posta en escena transgresora e transformadora. O seu primeiro espectáculo, de enorme éxito, titulouse "Onde estea un cubata que se quite un soneto", ao que seguiron outros como "Moita poesía, pouca diversión", "Con dez poemas por barba", ou "Cría fama e bótate a correr".
Regalo de Navidad de mi hermana pequeña, que me anima a falar galego y a perder la vergüenza. Cómo poesía no es gran cosa, pero me he echado unas carcajadas que Olga Novo no me aporta. Lo mejor es verse unos vídeos de estas mozas en Youtube para meterse en situación, luego ya leerlas y, cuando pase todo ésto, ir a ver uno de sus espectáculos.
Fala ben deste libro que ao lelo lembrase terme atopado xa con algún dos seus textos, pois iso quere dicir que, aínda que non lembre como nin cando chegou a min, quedou comigo. Moitos me pareceron moi divertidos e ten imaxes realmente potentes. Ademais flipei coas "Cousas que fago".
“Cando Suíza estaba tan preto como para ir en taxi e os de Bilbao volvían polo verán á aldea dicindo: que maravilla!, en Galicia no se escucha una bomba, oye!
Lucía e María, ben coñecidas como Aldaolado, foron un gran descubrimento. Quizáis un dos grandes descubrimentos deste ano. Teño que admitir que non as coñecía. O meu primeiro contacto con elas foi con este libro. Pero agora gustaríame acudir a un recital delas.
O libro está composto por unha serie de poemas, textos e diálogos entew ambas poetas. Ademais, explicanche o seu proxecto, como se coñeceron e como naceu o proxecto que teñen xuntas.
"Cousas que fago cndo ninguén me ve" converteuse na miña parte favorita. A de cousas que descubres grazas ás confesións anónimas.
Atopámonos ante unha selección de textos explicativos do que é Aldaolado e poemas que parecen imaxinados no momento inmediatamente anterior á creación, un feixe de propostas poéticas concibidas como un diálogo entre as dúas poetas, Lucía Aldao e María Lado, un intercambio de pareceres sentimentais nun estilo afeito á oralidade, que se move “entre o rock and roll e o campo.”
Os poemas transitan entre a ledicia do abandono no amor e a urxencia de retornar a si mesmas; dáse un equilibrio áxil entre o ofuscamento sentimental e a sobriedade, o autodominio. Os poemas xorden desta tensión, e da tensión que xera o diálogo constante. Tamén atopamos a procura do amor nas sombras, nas periferias afastadas da respectabilidade burguesa, no bulir da fraga animosa que protexe ás amantes co seu misterio. Facémonos testemuñas da esperanza nunha natureza invertida, da inversión nas formas do amor.
Esta celebración dunha paixón vivida nas marxes conecta ás amantes coas pulsións da natureza e as rescata da materialidade, esa construción imparable que destrúe as fragas e os sentimentos. O que interesa é vivir o amor no tempo presente, con intensidade mais sen pasado e quizais tamén sen futuro. Sobre todo sen un espazo propio. Esta odisea amorosa maniféstase na procura dun acubillo temporal nos reboutallos da cidade, neses espazos aínda non aproveitados pola voracidade burguesa, neses lindes onde van morrer as vilas, e a fraga axexa á espreita.
Partimos dunha conciencia do valor marxinal dun amor que é asumido como unha falsidade na que apoiar os poemas. Persiste o interrogante sobre a validez real da poesía amorosa, que é concibida máis como un xogo que procura unha ledicia superficial e intensa que como un obxecto transcendente. A verdade é un valor sometido a cuestionamento no contexto dos amores prohibidos.