Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.
Héctor Cajaraville Araújo, (b.1974, Santiago de Compostela), is a Galician journalist, teacher and writer.
Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa para a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) e o Concello de Santiago, así como nos diarios galegos La Voz de Galicia e De Luns a Venres, para logo dedicarse á corrección editorial.
Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011 cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela.
Premio Xerais de Novela 2015 Finalista Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 Premio Ánxel Fole de Novela Curta 2016 Premio Meiga Moira de Novela Infantil e Xuvenil 2016 Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 Premio Antón Losada Diéguez 2019