Jump to ratings and reviews
Rate this book

Retrincos. Un ollo de vidro

Rate this book
Varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. Un ollo de vidro foi a primeira narración publicada por Castelao.

108 pages, Paperback

First published January 1, 1922

4 people are currently reading
193 people want to read

About the author

Alfonso Daniel R. Castelao

70 books62 followers
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademáis, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
213 (39%)
4 stars
200 (37%)
3 stars
93 (17%)
2 stars
24 (4%)
1 star
7 (1%)
Displaying 1 - 29 of 29 reviews
Profile Image for Gabriel.
214 reviews6 followers
June 19, 2016
Con só abrir a tapa do libro xa comezas a enchouparte cos sentimentos que escorregan polas páxinas do libro. Unha obra mestra dun auténtico mestre.

Que sexa un autor clásico da nosa literatura non debe botarte atrás, é un artista comprometido que non deixa a súa faceta política de lado, mais sabe como mesturalo con outros estilos para resultar atractivo a un maior número de lectores.

Se che gusta a literatura gótica "Un ollo de vidro" encantaráche, e se es un "sentimental" "Retrincos" vaiche arrincar unha que outra bágoa.

Xenial, un 10/10, non te deixa indiferente.
384 reviews13 followers
Read
September 1, 2023
Castelao, coma bo pintor, é un mestre no arte de tirar cores dumha realidade en branco e negro. As suas historias, fiticias ou persoais, narram a dureça da vida e a raiba de vérmo-nos perante as desigualdades e as injustiças sem apenas podermos fazer nada, pero som tamém umha chamada á esperança, umha esperança que xurde das próprias persoas, da sua vontade de cambio e do compromisso ca sua terra e a sua gente. Castelao viviu sempre segundo esta chamada e suobo conjugar o seu percurso persoal e as lembranças do seu pasado coa açom coletiva, sem cair na nostalgia fácil. Tanto Um olho de vidro como Retrincos dan boa conta disto. Hai que engadir, por se pose pouco, que estám ademáis moi belamente escritos e conmovem na sua sinceridade, singeleza e, como nom, retranca.
Profile Image for suvenka.
133 reviews
April 10, 2022
OBRA MAESTRA, nas verbas de Castelao, "Ista sinxela leria deixoume amaiado".

O meu tataravó tamén tiña un ollo de vidro, foi un home humorista, baixiño pero cunha portentosa forza nas mans que fixo del un gran canteiro. Casou coa miña tataravoa, orfa de nacemento, que disque distinguiuse pola mellor poeta de todo Xeve. El emigrou ás Américas e cando voltou din que deixou agochado debaixo do hórreo os aforros (spoiler: restaurámolo entre todas hai uns veráns baixo a dirección do señor Dios e atopouse ren, retranqueiro ata o final!). Eles prestaron teito a moitas orfas que saían do hospicio sen esperanza.
Pasaron moitas penurias, pero deixáronnos as súas memorias.
Aínda vivimos na súa casa, a de Maximino e Modesta.
Profile Image for Frodo.
273 reviews3 followers
February 21, 2023
meu deus é que que bo que é castelao
Profile Image for Pedro  Pirata.
109 reviews4 followers
Read
May 9, 2023
Anacos da terra para acouga-la morriña.
Profile Image for I.N. Lema.
Author 1 book3 followers
January 9, 2021
Nesta obra Castelao (Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950) baséase no humor para describir a dura realidade, pois coma el mesmo di neste relato: "A socarronería é o humorismo dos incultos; e o humorismo é a socarronería dos cultos".
Ou no prefacio: "debaixo do humorismo hai sempre unha grande dor; por iso no ceo non hai humoristas" (Mark Twain).
Partindo desta idea o autor dálle voz protagonista a un fato de esqueletos, xa que eles e mailas súas reflexións non significan nada porque xa están mortos; aquí está a ironía.
Castelao adica un curto diálogo en homenaxe ás mulleres que se alzaron e morreron na loita contra o caciquismo en tres lugares de Galicia no ano 1919.
Tamén atopamos outros temas, como a fame e a miseria, a enfermidade, a emigración e o galeguismo. Temas moi habituais noutros autores da época.
Profile Image for Roi.
50 reviews
November 27, 2021
Castelao non foi somente un enxebre contador dos mellorciños contos da tradición galega, senón que tamén un dos pais do Galeguismo e, sobre todo, un intelectual.
Costumismo, humor, retranca e todal-as súas reflexións acerca da vida e seu fuxidío paso son os verdadeiros protagonistas dos contos.

Botando man das propias vivencias, lixeiramente "axeitadas", Alfonso Daniel Rodríguez Castelao convidanos a facer un viaxe polas terras patagónicas do agre desterro, tamén nas escuras derradeiras horas da vida e, axiña atopamos cunha amiga que había tempo non vías...
Meu bailador!!
Profile Image for laura formoso.
9 reviews
August 12, 2022
non entendin casi nada de un ollo de vidro pero e pq e un texto humoristico dos anos 30 e as jokes cambiaron un pouco en casi 100 anos desde q se escribiu sabes o q che dijo pero bueno ainda asi apresioo,,, polo contrario retrincos pareseme unha obra mais atemporal e justoume muito sobre todo 'o retrato' e 'sabela'
Profile Image for Jo March.
210 reviews33 followers
February 8, 2021
É Castelao totalmente. Non che di nada e diche todo.
Quen coma el, en tan poucas palabras, pode resumir tanto. E quen coma el te pode facer rir ás gargalladas ante sucesos tráxicos e mesmo indignantes, pero sen cair no mal gusto ou na falta de respeto.
Profile Image for marina.
42 reviews
Read
June 15, 2025
Cando eu andaba no estudo era un mozo das romerías, bailador e divertido. Non había festa na vila, nin nos arredores, onde non apa-recese danzando como un trompo esgarabillei--ro. ¡Ai, aqueles valses, aquelas mazurcas;
aquelas polcas e aquelas habaneras!
Entón o agarradiño aínda era un pecado ve-nial, e bailábamos con tino, para que os vellos non refungasen.
As mozas acorazaban o corpo con xustillos e non consentían o arrimo; pero arrecendían a roupa gardada con mazáns e a carne lavada con xabrón de rosas. Os mozos bailábamos por darlle gusto ás pernas, e contentábamo-nos co cheiro...


De todos xeitos hai retrincos en carne viva que poden amostrarse tal como se conservan na memoria, e aínda convén certificar da súa au-tenticidade. Son esas cousas que lle pasan a un e que dá gusto que se crean cando se contan.
Por eso eu ofrézovos boxe uns anacos da iña vida e prégovos que os tomedes por certos erdadeiros; pero se coidades que son menti-su perdónovos por adiantado.
Profile Image for Lois E. Froiz.
72 reviews
September 3, 2024
Un ollo de vidro segue a ser unha obra mestra no seu xeito de retratar ao ser humano dende o humorismo da morte. Funciona igual que hai un século e, se se lle pode botar algo en cara é que se faga tan curto, que non afonde máis en todo.
Polo seu lado, os relatos de Retrincos, máis costumistas e propostos como autobiográficos, pasan o filtro do tempo só como reflexo dunha época, cun certo ton que amosa que non cambiamos tanto mais que importan menos. Non teñen o ton ácedo e crítico que tanto se agradece do mestre na súa análise social, aínda que manteñen moita visión do humano que tan ben soubo comprender.
Profile Image for Álvaro Villalta.
50 reviews
February 28, 2024
"Desembarquei baixo o estrondo das bombas e entre o entusiasmo dos vellos amigos, que acugulaban o peirao e a ribeira. O azougamento non me deixaba camiñar, e se sodes sentimentais comprenderedes a miña emoción, porque a vila natal non é coma todas as vilas."

Responde ao que sentimos moitos ao vivir lonxe da terra e exemplifica perfectamente o que pasa na actualidade sendo un libro de hai 100 anos
32 reviews
August 31, 2025
Me encantó. Ayer me lo hubiese terminado pero quería seguir disfrutándolo. Top el de Peito de Lobo, y Sabela. Sería un libro que me leería cada dos por tres porque se hace súper ameno y jo, me hace sentir cosas
Profile Image for Amanda.
104 reviews3 followers
January 4, 2022
É un libriño que se le dunha sentada co que te escarallas á risa.
Profile Image for lu.
45 reviews2 followers
August 16, 2022
que sí, que retrincos está bien PERO UN OLLO DE VIDRO ES LO MEJOR K HE LEÍDO EN NOSE
Profile Image for Empanada XB.
53 reviews1 follower
May 12, 2024
Libro de gallego que estaba bien pero bueno. Me gusta mucho Castelao
Profile Image for SSARA.
24 reviews1 follower
May 14, 2024
xolliña literaria, moi orixinal, intenso, tétrico e unhas ilustracións moi top ;)
Profile Image for Alba González Docampo.
33 reviews
October 2, 2024
Retrincos non me resultou tan interesante ou ca mesma retranca que un ollo de vidro. Este último paréceme unha marabilla
Profile Image for Paloma.
24 reviews
October 25, 2024
Que tío tan enxeñoso gracioso e intelixente o Castelao, ogallá botar unhas cuncas con el
Profile Image for Diego.
61 reviews6 followers
January 24, 2025
O que puiden chorar con Peito de Lobo e coas memorias do esquelete...
Profile Image for pau.
178 reviews1 follower
November 8, 2025
lo leí para gallego y aunque no fuera nada especial me entretuvo
Displaying 1 - 29 of 29 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.