What do you think?


A saga dun afiador
Era xa pola noitiña cando chegou á casa. Abriu a porta do patio e entrou. Parou uns momentos escoitando, mirando. Logo foi á corte e viu as vacas roendo na palla por riba do carro. As pitas no poleiro, os porcos ganindo no cortello, esperando pola calda da cea. Na eira oíanse os rapaces que brincaban entre os palleiros e os hórreos. Xandón pechou a porta da corte e subiu as escaleiras. Entrou na casa. Carolina estaba pelando patacas na cociña, á beira do lume, sentada nun tallo, co pano posto na cabeza, anoado debaixo do papo. Ó velo diante, tremeu e quedou coma inmobilizada.
126 pages, Paperback
First published June 30, 2007
About the author
Xosé Fernández Ferreiro
20 books1 followerXosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 1 of 1 review
September 4, 2024
Unha lectura entretida sobre a vida de Xandón, un rapaz que quere casar coa filla da familia inimiga.
Displaying 1 - 1 of 1 review


