Jump to ratings and reviews
Rate this book

Percival e outras historias

Rate this book
Pasara aquil verao e viñera un invemo que case atuou a toqueiriña de Grieih. Voltara outro verao e outras chuvias, e ao seguinte verao Grieih era un grilo vello, torpe e meio xordo. Estaban lonxanos os tempos en que -case carriola áptera- loitaba contra tecidas falanxes de formigas e vencía arañas e saltóns. Agora ben sabía que lle ficaba pouco tempo de vida. Un dos seus fillos xa había tempo que lle disputara un ventre de femia. Grieih ía andando de vagariño, cos fémures entumecidos. Viu unha mantiña de serradela e diu en comela confiado e distraído. Mais a morte, en traxe verde de barbantesa, agachábase tras dil.

120 pages, Paperback

First published January 1, 1958

1 person is currently reading
29 people want to read

About the author

Xosé Luís Méndez Ferrín

51 books17 followers
É un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea; é membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, da cal é presidente dende o 23 de xaneiro de 2010.

De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de Ourense. O seu pai, Venancio Méndez Feijóo, era fillo dun comerciante de Vilanova dos Infantes; e a súa nai, María Ferrín Novoa, era filla do mestre e xornalista Ángel Ferrín Moreiras. Na cidade de Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en 1949 trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais, e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.

En 1955 a súa familia trasladouse a Vigo, e el foi estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 foi vivir a Madrid e tres anos despois licenciouse en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, creouse o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 seguiu un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford, e entre 1963 e 1965 fixo diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar nas illas Canarias, entre 1962 e 1964 foi mestre no Colexio Fingoi de Lugo, até que en 1965 obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.

Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.[Cómpre referencia] Durante a súa estancia no penal de El Dueso (Cantabria) escribiu Retorno a Tagen Ata e Antón e os inocentes.

Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.

Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura, que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.

Xa en 1958 formaba parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra tomou contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgou única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminou, en 1964, na creación da Unión

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
9 (18%)
4 stars
19 (38%)
3 stars
14 (28%)
2 stars
6 (12%)
1 star
1 (2%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for maría.
98 reviews17 followers
April 7, 2024
ten historias súper chulas e outras que non me deron para máis, pero no seu conxunto gustoume bastante. tamén me gustou que os capítulos sexan tan curtiños
Profile Image for Laura.
26 reviews5 followers
April 9, 2024
Ten historias máis interesantes ca outras, pero a lectura faise bastante amena ao ser capítulos curtos.
Profile Image for Simón.
160 reviews
January 28, 2016
Percival e outras historias é unha colección de 14 pequenos contos escrita por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Estes relatos mesturan realidade e fantasía dun xeito marabilloso, e a súa lectura resulta sorprendente. Méndez Ferrín xoga con nós, os lectores; xoga coas palabras, e finalmente xoga tamén cos protagonistas das súas historias.

En Percival, vemos ao "cabaleiro" que lle dá nome ao libro, e ao seu Xardín de Outos Árbores. Especialmente surrealista resulta o seu enfrontamento co leonlobisco.
A cancela é un maxistral e confuso relato surrealista, onde un home que leva toda a vida facendo o mesmo traxecto ao traballo atopa unha cancela no seu camiño.
Os ollos de Kelma trata duns amigos que van ao encontro de Kelma, a pesar das confusas advertencias dun terceiro. Eles cren que van a unha orxía, pero...
O asesino é un conto breve de vinganza. A introdución dos personaxes e a descrición do ambiente son moi boas.
Nhadron fala dunha breve historia de amor entre dúas persoas que se coñecen por azar. A falta de confianza del lévao a atopar algo inesperado.
Gustoume moito Lorelai, a princesa que vivía nunha torre, deforme como unha balea, feísima. A descrición de Méndez Ferrín é tremenda, e o final da historia é moi fermoso.
O verdugo parece case unha fábula de moralidade. Centrada nun pobo que ten o monopolio das execucións do estado, tan interesante como a historia en si é a maneira na que se conta, os detalles, e como a acción se move ao redor do verdugo.
Grieih é unha orixinal historia do bosque (¿do mesmo bosque? Quen o sabe), cun grilo por protagonista.
N'O crime do chalet bermello, a descrición, coma no caso de Lorelai, ten unha enorme importancia. Tamén as advertencias ignoradas, como pasara no caso d'Os ollos de Kelma. Un doutor vai visitar a unha antiga discípula para felicitala polo seu libro, pero tamén para indicarlle un posible erro nel.
Mantis religiosa fala dun estudoso das Mantis que atopa a unha rara muller cun comportamento... familiar. Seguindo ese aspecto surreal, o mellor é a naturalidade coa que os protagonistas reaccionan ante o que pasa.
O templo foi quizais o relato que menos me interesou. Un home é convocado a un templo para escoitar a uns "sacerdotes", pero estes parecen ter algún impedimento á hora de falar con el.
Philoctetes trata dun home, preso, que é capaz de fuxir a través da lectura. Resulta moi ben levada a idea das historias aniñadas: o escritor le unha carta na que Philoctetes lle describe a súa situación, e na que lle fala de como entra nun libro. Todo esto é un libro que nós, os lectures, estamos a ler.
Triafo e o vento repite nesa idea de historias aniñadas. Un home volve á súa antiga casa ou almacén, e alí volve escribir -dísenos que había moito que non o facía. A historia que escribe vai nacendo pouco a pouco, e acaba por tomar vida independiente. Ao final, a novela interior queda aberta, e é o conto en si o que parece apropiarse do seu final.
O dique de area e o título metafórico do último relato. Nel, o líder dun pobo derrotado reflexiona sobre os sucesos que levaron a dita derrota, o seu futuro e o do seu pobo.


Pásame sempre que teño pena de acabar un libro se me está a gustar. No caso de Percival e outras historias, leveino ao extremo de ler de vagar, limitándome a min mesmo a un número máximo de relatos ao día, para desfrutalos máis, para que me levara máis tempo lelos todos. Gustoume moito, ata o punto de engadilo aos meus libros favoritos. Do mellor que lin neste ano.
Profile Image for marton.
36 reviews1 follower
April 12, 2024
En xeral, paréceme un libro moi interesante que, exceptuando o trato a determinados personaxes femininos, parece aguantar con forza o paso do tempo. A fermosa linguaxe mesturada coa brevidade dos contos provoca un efecto de gran enganche no lector. Moi novo e necesario para a narrativa galega do momento.
Profile Image for Thisisnotmarta.
105 reviews1 follower
April 2, 2024
non sei se é un 2.5 ou un 3
ao principio houbo moitas historias que me gustaron, pero cara o final deixarom de interesarme completamente 😔
Profile Image for Pachy Pedia.
1,647 reviews117 followers
May 27, 2015
14 relatos raros, orixinais e moi diferentes entre sí. Hai de todo, dende lendas artúricas a asasinos, pasando por desvaríos varios. Hai algúns toques que non agardaba nun libro de 1958, pero iso non fai máis que suliñar a súa orixinalidade.
Profile Image for Antonio López Sousa.
Author 16 books16 followers
December 6, 2018
Catorce relatos en los que abunda una mezcla constante entre fantasía y realidad, ya que casi todos los cuentos están ubicados en lugares imaginarios, donde se entrelazan lo cotidiano y lo excepcional. Evidentemente, entre los catorce los hay mejores y peores, desde luego. Algunos incluso te dejan preguntándote qué has leído, ya que parecen tan banales que no puedes más que buscarle un sentido oculto, incluso alguna moraleja, a pesar de no ser cuentos moralizantes. Mención especial merece el cuento que da título al volumen: "Percival" (personaje del ciclo artúrico o bretón, muy querido en la narrativa gallega), en el que se nos presenta a un Perceval actualizado que para liberarse de su día a día sale a su magnífico jardín: "O bosque dos outos árbores" (El bosque de los altos árboles) para vivir nuevas aventuras en mundos diferentes al suyo. Cabe mencionar que en casi todos los cuentos existe un aura de amargura ante la vida, ya que por ellos caminan siempre personajes agónicos y trágicos envueltos en situaciones extremas (encarcelamientos, ejecuciones, dictaduras, éxodos...). Aunque hay excepciones de final alegre, como en el caso de "Lorelai". Personalmente, el que más me ha gustado ha sido "Philoctetes": una carta en la que un preso (político) le cuenta a un escritor cómo encontró la tan ansiada libertad sumergiéndose en sus relatos. Es, quizá, de los cuentos menos fantásticos
Profile Image for abril :).
176 reviews
December 7, 2023
me ca, o tipiño abusa do recurso de repetición DEMASIADO, e dighocho eu que tamen o uso dabondo, mi madriña a metade das historias costaba entendelas eh
ainda así había algunha que taba moi ben!! por iso lle poño tres estrelas que polo menos ainda pasei un bo rato, agora a ver qué sae do carallo do examen...
Profile Image for Iria.
30 reviews1 follower
December 26, 2025
Gustoume máis que outros de Méndez Ferrín e dende logo paréceme tolísimo que o publicara con menos de 20 anos. E que fora o creador da técnica de dar un golpe ao teclado para poñer un nome incluso antes de era das computadoras.

Os meus relatos favoritos penso que foron o de Percival e o de Grieih.
Displaying 1 - 9 of 9 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.