Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.
Teño varios pensamentos algo desordenados sobre esta novela. O mellor dela é, indubidablemente, a historia de Eneas e Jackob e o peor o ritmo de revelar os segredos. Tanto Simón como Mariña fan as conexións entre as distintas versións que teñen moi rapidamente e asumindo moitas cousas que non ten sentido que asuman. Como o lector xa o sabe, parece unha forma rápida de o botar derriba. Moitas tramas quedan a medio desenvolver: o señor Rovira, que desaparece totalmente da historia despois da morte de dona Isabel, o pai de Simón, as leas nas que andaba Xulio Ascanio e o romance entre Simón e Mariña. En xeral, nótase un sentimento de querer deixar todo cerrado con demasiada presteza. Ao principio non me gustaba o estilo de narración, pois en xeral non son moi fan do humor por parte do protagonista narrador. Con todo, ten descricións marabillosamente traballadas e que transmiten moita forza e sentimento. Se o libro comprendese soamente a historia de Eneas e tratase o funcionamento de Troia, sería unha novela moito mellor. Desculpoume por calquera erro, aínda estou a deprender galego
This entire review has been hidden because of spoilers.
Una historia genial, con un final totalmente inesperado pero de los que te dejan un buen sabor de boca. Es el primer libro que leo de Pedro Feijoo y, aunque no descarto leer más en el futuro, reconozco que a veces su forma de escribir tirando hacia un lenguaje menos coloquial del que se esperaría en charlas informales, me descoloca un poco. Sin embargo, teniendo en cuenta lo buena que me ha parecido la historia, lo recomiendo.