O limiar de "Nós", unhas cantas lineas, é unha peza maestra do pensamento e do estilo do autor. Castelao, un dos grandes dibuxantes civiles da Europa do século XX, fai nil formulacións inesquencibles. Moi conscente da fasquía e da función do seu arte, sábeo "desacougante", sabeo "libertador" pois "desperta carraxes e cobizas dunha vida máis limpa".
O monosílabo que figura no medio e medio da cuberta, "Nós", é todo un programa inconoclasta, Na Galicia de 1917 -folgas, matanzas de lagregos, sociedades agrarias que erguían o seu berro- "nós" non somos a fermosura do solpor, nin a policromía do arco da vella, nin a mansedume da vaquiña, nin a condesa do pazo, nin a campesina ben mantida do pincel de Sotomayor, nin "a ledicia das festas", "nin a fartura dos casamentos"; "nós" o que importa de "nós", o que compre destacar de "nós", o que reclama o "noso" compromiso, é esa Galicia terrible, esmagada a aldraxada que na súa miseria non percibe a fermosura do solpor.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademáis, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.