O vento esperta moi cedo e vai ao traballo. O vento ten por diante unha dura xornada laboral... A primeira montaña que houbo no mundo era unha montaña moi ambiciosa. A primeira montaña que houbo no mundo quería ser aínda máis alta do que era. Púxose a crecer, a crecer...... Os contos para antes de durmir han de ser curtos; non como aquel conto tan longo que, cando se acababa de contar, xa era hora de que o neno fose ao colexio. Ou aquel tan longo no que os nenos quedaban durmidos pola metade e logo tiñan que soñar o final. Aínda que o conto máis longo que coñecemos é tan longo que cando se remata de contar, o neno xa é adulto.
Pinto & Chinto é un dúo de humoristas gráficos galego, formado polo debuxante David Pintor e o guionista Carlos López.
David Pintor (nado na Coruña en 1975) e Carlos López (nado en Boimorto en 1967) comezaron a traballar xuntos en 1993 e dende entón traballaron en varios xornais, salientando La Voz de Galicia. En 2001, comezaron a creación de obras para literatura infantil. Teñen publicados máis de 20 libros e recibiron varios premios da crítica, como o Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura e Dora Vázquez, selección na Feira Internacional de Boloña en 2007, 2010, 2011 e 2013, na Bienal Internacional de Bratislava, e premio especial do xurado no Festival do Libro Infantil de Corea Nami Island.
Na linha do génio criativo de Pinto e Chinto, este livro de contos de meia página vem cheio de tesouros: as histórias, ou meros episódios, são tão simples quanto divertidos. Sempre engraçados, surpreendentes e engenhosos, deleitam e puxam um sorriso a cada página. Às vezes, até ensinam, lembrando as lições mais importantes e que trazemos esquecidas pelos dias. Para miúdos e, sobretudo, para graúdos.