Jump to ratings and reviews
Rate this book

Todo canto fomos

Rate this book
Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Un escritor de novelas policiais, residente en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a apariencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. "Todo canto fomos" é unha novela que percorre máis de un século da historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.

ebook

First published January 1, 2016

2 people are currently reading
43 people want to read

About the author

Xosé Monteagudo

7 books2 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
27 (40%)
4 stars
23 (34%)
3 stars
11 (16%)
2 stars
5 (7%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for brais.
39 reviews10 followers
May 28, 2023
a maneira na q as historias se interrelacionan.. e o moito q chorei lendo o final pois q mais quero
Profile Image for Ruper SP.
9 reviews
January 18, 2023
As primeiras 300 pax mais menos están ben aínda que son presentacións de personaxes. Algo lento. Pero logo nas seguintes está toda a chicha cando se ve toda a desfeita da dereita española na guerra civil e anos posteriores. É diferente no sentido que ves dende unha perspectiva moi detallada dende dentro.
Profile Image for Diego Andrade.
5 reviews1 follower
January 23, 2018
Meses despois da morte da súa nai, un escritor de novelas policiacas afincado en Londres recibe uns cadernos con información sobre a súa nai e a súa familia. Esta novela é o libro no que escritor reflicte o que liu nesas notas. Xosé Monteagudo aproveita este recurso para contarnos feitos relevantes de historia de Galicia a través da vida de 4 xeracións dunha mesma familia. Ademáis das personaxes ficticias, na novela tamén aparecen personaxes reais como Alexandre Bóveda ou Castelao. As vivencias íntimas e históricas se mesturan durante toda a historia. Non narra só feitos históricos, senón tamén situacións nas que a xente a cotío se viu envolta durante diferentes momentos históricos, como a emigración a suramérica, a campaña en prol do estatuto de autonomía de Galicia, o encarcelamento durante a guerra civil ou a persecución posterior durante a dictadura. Un libro que disfrutei moito polo estilo claro no que está escrito, e porque foi unha forma entretida de entrever algúns feitos relevantes da nosa historia recente.
1,469 reviews56 followers
January 19, 2023
3.5
Moi ben documentado e interesante como están estructurados os capítulos dos diferentes POV, cortos e ao punto. Tardei un pouco en caer que eran todos a mesma familia, pero agradoume a sorpresa. Interesoume ver como estaban as cousas en Galicia durante o século pasado, pero a narración fixo que non me encariñase cos personaxes, estaban a distancia.
Profile Image for LMNV.
36 reviews
August 27, 2021
Encantoume cómo relaciona is destintos tempos
Pero gustaríame máis se o sufrimiento das mulleres frisase de ser coma un recordó , explica moi ven o que sufrió o pai e o marido pero a maestra unja das protagonista principios queda deslucido
Profile Image for Óscar Martínez.
96 reviews3 followers
July 22, 2024
qué bonito....... ao principio custa un pouco (ou son eu un pouco lerdo) pero cando empezan a converxer as tramas xa non podes parar de ler.

o libro é prestado e está asinado polo autor, que puxo: "esta historia que tamén é a nosa Historia". así se sentíu.
5 reviews
March 7, 2022
Encantoume, fai moito que non lía con tanto entusiasmo. A estructura, a forma de narralo, o saber que malia que todo é inventado basouse nun pasado todavía moi presente para todos en Galiza. Grazas.
Displaying 1 - 9 of 9 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.