Jump to ratings and reviews

Sobre narrativa galega contemporánea

Ensaios e artigos froito de dez anos de investigación da literatura contemporánea.

Neste libro trátanse temas como "Narrativa, crítica e discurso social", a cuestión da literatura nacional ou a relación creación-crítica, pero tamén se ofrecen estudos e recensións de libros concretos dun abano de escritores que vai desde Víctor Freixanes e Xosé Carlos Caneiro ata Miguel Anxo Murado e Manuel Rivas. Como di a autora, "A función da literatura é facer agromar aquelo que levamos agochados no fondo de nós mesmos. Cando isto acontece dende o que somos e fomos, cando se nos reta a reflexionar sobre o que queremos ou non queremos ser, entón o mundo cobra un certo senso nas páxinas dese libro".

184 pages, Paperback

First published July 1, 2000

Loading...
Loading...

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
1 (50%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
1 (50%)
Displaying 1 - 1 of 1 review
Profile Image for Diego.
83 reviews9 followers
October 23, 2024
Paréceme un pouco impertinente facer unha recensión sobre un ensaio sobre narrativa e crítica galega, pero quero que este comentario me quede a min como guieiro para futuras lecturas (que creo que vai ter, a pesar de que pasasen 25 anos polo libro). A parte dos ensaios pareceume moito máis interesante ca as críticas, que a min só me interesaron como exemplos de como as fai Vilavedra e para anotar algunha lectura que non coñecía. Os ensaios teñen unha terminoloxía complicada que hai que debullar profundamente para entender o fío do texto (sobre todo nos ensaios De Maxina a Polaroid e A esmorga), mais achegan unha visión xeral do que na época (e agora tamén) eran algúns dos debates literarios na esfera pública galega e, ademais, un pequeno canon da narrativa dos 80 e 90. O primeiro fala da relación coa literatura en portugués e da construción nacional, os seguintes falan da literatura da época, dos discursos da literatura e de como a novela transmuta eses discursos. Se cadra, os ensaios máis accesibles son os que versan sobre a crítica literaria, sinalando eivas que aínda a día de hoxe están por superarse. Mágoa ter que chegar a este texto por casualidade e non como lectura obrigada do grao, porque daquela tería unha perspectiva moi distinta da narrativa contemporánea.
Displaying 1 - 1 of 1 review