As mulleres na prevención de incendios de incendios forestais.
Nunha panorámica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdótica. A súa visibilidade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supón a problemática dos incendios forestais en Galicia é moi reducida; demasiado…
Fagan memoria das noticias sobre a autoría dos lumes, das imaxes do servizo de extinción, dos comités da administración autonómica, ou dos foros de debate sobre os lumes, o ordenamento e a xestión do territorio. É que elas non prenden? Non apagan? Non deciden? Non reflexionan sobre os incendios forestais, as súas causas e consecuencias?
Para tentar dar resposta a estas preguntas, o equipo do proxecto Batefogo reúne neste volume achegas de diferentes autoras que, desde a súa disciplina, reflexionan sobre o papel das mulleres na prevención e extinción dos incendios forestais.
Esta es una recopilación de pequeños textos escritos por mujeres relacionadas con el mundo rural y sus reflexiones sobre el papel de la mujer en la prevención y lucha de los incendios forestales. Si, como yo, no tienes mucho conocimiento del mundo forestal, te sorprenderá leer cómo se utilizaba el fuego como "herramienta" para el cuidado del monte o cómo el mundo rural no es tan matriarcal como se nos hace pensar en ocasiones.
Para terminar, incluye un recopilatorio de proyectos, dirigidos por mujeres, que trabajan por un futuro más sostenible en el rural y con menores diferencias de género.
Librazo. Tanto para entender un pouco a xestión do territorio en Galicia en calve de xénero, pre e pos lumes, como para coñecer un pouco máis os proxectos que hai agora mesmo para traballar en comunidade por mellorar e sair adiante. Preciosidade de libro.