Recolle o testemuño do comunista David Álvarez Carballido quen en 1998, cando contaba 65 anos, concedeu unha longa entrevista ao filólogo e paisano seu Antón Santamarina. Da revisión do contido daquela conversa que durou varios días de agosto encargáronse a psicóloga e escritora Anahí Almasia (sobriña de David) e a doutora e especialista en memoria histórica Mariela Sánchez.