Jump to ratings and reviews
Rate this book

O estado intermedio

Rate this book
Morto o pai, a protagonista da novela decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria. Ao tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aos infernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa propia memoria. Texto de imaxes luminosas, achega un universo absoluto a partir dunha palabra que, máxica, creadora, permite viaxar coa protagonista polas vidas duns personaxes atrapados dentro dos propios traumas. Todo debe arder. Por iso hai que ter claro o pasado. A autora volve a tempos de violencias familiares e acontecementos políticos cruciais tras a morte do ditador; tamén ás vidas que fervían hai unhas décadas cando a liberdade era de estrea. Todo escrito cunha prosa magnética que vai obrigarnos a ler e a pensar.

196 pages, Paperback

First published October 22, 2020

10 people want to read

About the author

Rexina Vega

10 books5 followers
Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora e investigadora da literatura galega.
utora en Filoloxía Románica (tese: Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro), profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal, A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.

Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo, tendo sido anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
4 (26%)
3 stars
5 (33%)
2 stars
3 (20%)
1 star
3 (20%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for Irene Mataraunlector.
276 reviews1,039 followers
June 28, 2021
Hoxe quérovos falar de ‘O Estado Intermedio’, e para elo primeiro teño que agradecer a Editorial Galaxia polo envío de exemplar; sempre é un placer que contedes conmigo.

Rexina Vega toma a filosofía do budismo tibetano para contarnos unha historia de morte. Ese estado intermedio é no que se atopa o protagonista desta historia. A súa filla quere desfacerse de tódolos recordos do seu pai, mentres él fai unha viaxe a través dos seus recordos e da sua memoria.

Dame moita pena dicir esto, xa que a premisa do libro parecíame moi atractiva e interesante, pero non me vai gustar a historia e o seu desenvolvemento.

Na primeira parte, a máis breve, a introducción, a historia sitúase dende a perspectiva da filla de protagonista, nun rápido resume pola enfermidade do seu pai e a súa morte. A segunda parte “chonyid” o tamén chamado “estado transitorio da realidade” é cando o protagonista comeza a súa viaxe a través dalgúns momentos cruciais da súa vida.

A historia fíxoseme pesada, sen ritmo e a narración, en moitas ocasións pretenciosa. Cando queres enfocar unha historia dende o punto de vista da relixión e o seu enfoque coa morte, por qué non facelo ben? Sentín que foi a excusa para narrar ese estado intermedio do protagonista.

Con esto non quero dicir que sea unha mala historia, pero sí que é, para mín, unha historia incompleta e que se queda na metade. Non avanza, non termina de finalizar.

Aínda así, anímovos a lelo, sobre todo se algún coñece un pouco máis ca mín sobre o budismo tibetano, quzáis pódalle interesar.

Gracias outra vez a editorial e noraboa a autora polo debut en Galaxia.
85 reviews1 follower
May 15, 2022
Le pongo esta nota porque por la reseña pensé que iba a ser otro estilo de libro, que no ha sido el caso. No es un tipo de género que me guste y el tema del que trata la novela no está bien tratado.
Me parece un argumento bueno, pero la lectura se hizo lenta y pesada.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.