Hasta donde me trajo mi obsesión, capaz es la misma que alimenta al coyote
"Solo pido que me dé la oportunidad de que le hable. Que me deje explicarle la fuerza de este amor. Un instante tan solo para mí. Y que al decir pi-pip sienta que no es una burla"
vendo as estatísticas e a data das recensións, é obvio que tanta xente descubriu este libro a partir de Coyote vs ACME (eu incluíde) xdddd. son fan de que un poemario así exista, así como concepto.
en relación ao propio contido do mesmo, considero que plasma moi ben o desexo constante que chega a obsesión malsá do Coyote, cousa que xa representaba a inspiración principal do personaxe. tamén me gustou como trata o feito de que, ás veces, o importante non é cumprir certa meta, o suposto éxito, senón o camiño que nos leva a ela. o pracer de seguir os nosos corazóns, o que nos chama a levantarnos un novo día, a realización que sentimos ao facer as cousas que nos apaixonan independentemente do resultado e do seu "impacto", acaso iso non é importante? nun mundo infestado de xente que che berra como de produtivo serías se te espertas ás 5 da mañá, se deixas de lado todos os teus hobbies, se ignoras os pequenos praceres da vida para enfocarte "no importante"; ás veces é necesario lembrar que o verdadeiramente importante nesta vida é facer o que che fai feliz sen seguir por obriga as expectativas dos demais. e o amor homosexual, por suposto.