Jump to ratings and reviews
Rate this book

As precursoras: Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936)

Rate this book

196 pages, Paperback

Published January 1, 1993

2 people want to read

About the author

Aurora Marco

14 books2 followers
Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.

A súa familia trasladouse a Ordes cando tiña 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Fixo a tese de doutoramento sobre a lingua nas novelas de Antonio López Ferreiro (1978) na mesma universidade.

Exerceu a docencia na Facultade de Filosofía e Letras, posteriormente de Filoloxía, de 1970 a 1975, e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado desde 1972. Obtivo a titularidade de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega en 1984 e a cátedra en 1994, materia que ensinou na Facultade de CC da Educación da USC ata 2014, data da súa xubilación.

Foi presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.

Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias como Alameda, Murguía, Lenguaje y Textos, Andaina, Primeras Noticias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Cuadernos de Pedagogía, Agália etc. As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura, Xénero e Memoria histórica.

En 2011, recibiu da Academia Galega do Audiovisual o Premio Mestre Mateo ao mellor documental, por As silenciadas, que foi dirixido por Pablo Ces e coproducido por ela, cun guión baseado no seu libro Mulleres na guerrilla antifranquista.

Durante a década dos anos 80, comezou un traballo de investigación no que realizou a biografía de máis de 400 mulleres galegas, dende o século IV e até 1975, que deu como froito o libro Elas, que foi publicado en 2015. Na ilustración da obra participaron 8 artistas galegas: Chelo Rodríguez, Irene Silva Xiráldez, Ehlaba Carballo, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.