Jump to ratings and reviews
Rate this book

Flores de ferro

Rate this book
María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.

432 pages, Paperback

First published October 9, 2020

Loading...
Loading...

About the author

María Rei Vilas

11 books6 followers
María Rei Vilas (A Laracha, 1964) é profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Agra de Leborís, da súa localidade natal. Autora de libros de texto e guías didácticas relacionadas co ensino da bioloxía e a xeoloxía, Flores de ferro é a súa primeira novela. Foto da autora de Antía de la Fuente

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
131 (46%)
4 stars
108 (38%)
3 stars
36 (12%)
2 stars
8 (2%)
1 star
1 (<1%)
Displaying 1 - 30 of 44 reviews
Profile Image for Silvia.
4 reviews1 follower
May 14, 2021
Dende que o lin, pasou a ser o meu libro favorito. Pola forma maestra na que está narrada a historia, pola historia que conta, pola sensibilidade e a crudeza coa que e narrada. Hai poucos libros coma este. Sorprendeume que sendo a primeira novela da autora fose un libro que me emocionase tanto, tan perfecto. Dende que comecei non puiden para de falar del. Espero que a autora nos traia máis historias da Galicia nesta época.
Profile Image for Pablo Otero.
37 reviews8 followers
November 28, 2021
Fermosísimo. Narración intelixente, e unha ledicia de vocabulario. Imprescindible.
Profile Image for Claudia.
20 reviews
February 18, 2024
Déixame unha sensación agridoce. Empezou con moita forza, cunha narración moi adictiva, pero cara a metade ten pasaxes que me resultaron lixeiramente repetitivos e que facían perder o ritmo que me atraeu nos inicios da historia. Cara ao final volve a ese ritmo que che fai querer saber máis. Tamén tiven certa sensación de mesturar demasiados temas, ou de que o trasfondo histórico perde relevancia no desenvolvemento da historia, que perde protagonismo no devenir dos acontecementos.
Profile Image for Cris Wollstonecraft.
18 reviews5 followers
March 13, 2025
Intriga e memoria histórica cun conxunto de personaxes que falan da comunidade, do silencio que protexe aos que ten o poder e da resistencia ao mesmo.
Profile Image for SANDRA.
17 reviews8 followers
February 4, 2022
O libro enganchoume a partir do momento en que aparece Aurora. Moitos feitos da historia resultáronme inverosímiles, mais este punto fraco é compensado por unha morea de anécdotas emotivas, como cando Aurora empeza a ir ao colexio de adultos e cando Olga da a luz ou a noite en que lles da chocolate aos fillos. Aínda que non me parece algo trascendental, pois a novela é moito máis que a solución de un misterio,o fío conductor da historia ao final non se resolve con claridade.
En xeral, a pesar de que estou un tanto farta de historias das maldades da guerra, especialmente da guerra civil española, a novela gustoume bastante.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Noelia Barcia.
16 reviews2 followers
September 30, 2024
O mellor que lin en moito tempo. Esta novela é desas que tecen os fíos pouco a pouco contando historias agochadas durante anos, segredos de familia e o máis importante historias de corazón, de rancor, de alegrías e de perdas inmensas. Obras como estás mostran a importancia da familia e de recompoñer o pasado dos que nos rodean para ser libres e coñecernos a nos mesmos.
Profile Image for Meiga.
259 reviews18 followers
January 26, 2023
Esta foi outra lectura obrigatoria deste trimestre, mais unha que desfrutei un montón.

Trátase da primeira novela da autora e, aínda que hai algunhas cousas que non me remataron de convencer das que falarei máis adiante, en xeral é un primeiro traballo brillante. Espero ansiosa que se decida por seguir a senda da literatura, xa que sen dúbida ten talento.

Respecto a isto, gustaríame destacar o estilo que, se ben pode facerse un pouco pesado, resulta unha marabilla e demostra un gran coñecemento da lingua galega, que eu coma lectora apreciei moito. Ademais paréceme unha historia ambiciosa, o que ten incluso máis mérito ao seren a primeira novela publicada (intúo que María Rei garda algunhas no caixón). Nela aparecen unha chea de personaxes aos que a escritora logra, case na súa totalidade, dotar de personalidade e gran humanidade, é dicir, que son xente chea de grises, unha boa representación da relidade humana, especialmente en tempos tan convulsos coma unha guerra.

Mestura dúas liñas temporais: o pasado e o presente (1987) e, se ben me interesou máis a primeira, creo que conseguiron complementarse moi ben e os flashbacks estiveron ben traídos. Aínda que o principio fíxose quizais demasiado lento, a partir da páxina dúascentas, todavía cun ritmo pausado, comeza a enganchar moito e atopeime buscando momentos ao longo do día para ler, cando eu acostumo a ser unha ave nocturna.

Gocei moito tamén do ben fíadas que están todas as tramas, o que se demostra nas mencións por casualidade e referencias que se fan ao longo de toda a novela e que permiten admirar máis o traballo da autora cando chega a resolución final.

É esta resolución final coa que máis problema teño, xa que despois deste ritmo lento pero seguro, pareceume demasiado precipitada. Non había suficiente espazo para solucionar o conflito coa amplitude necesaria, o que levou á decepción despois de tantas páxinas adicadas á construción de tensión. Para min faltaron expliacións, reflexións e, sobre todo, tempo, o que levou a certas situación moi pouco cribles.

Se ben a maior partes dos temas a tratar, aínda que duros, só reciben sensibilidade por parte da autora, si houbo algunhas tramas ou ideas que non me convenceron, especialmente as relacionadas con Froilán, que chegaron a resultarme desagradables. De todas formas, o problema non é iso, senón que era totalmente innecesarias e non aportaban o que pensaban ao libro.

En conclusión, un debut brillante que achega a María Rei á miña atención. Se ben non creo que sexa perfecto, si penso que é a proba de que na literatura galega hai o que se reclama nos libros incluso a nivel internacional. Ogallá sexa traducido polo menos o castelán e máis persoas poidan sumerxirse nesta historia!
Profile Image for isaac.
147 reviews3 followers
October 19, 2024
gostei muito do ritmo da novela, de como se desenguedelha as histórias familiares durante a guerra civil e os anos do franquismo e de como muitos detalhes que de primeiras parecem só isso, despois resulta que reaparecem na história e resultam mui significativos e achegam muita sensaçom de coesom. em algunas ocasiona botei em falta que as personagens falassem de forma mais natural e que camila, a protagonista, saca-se a cabeça do cu mais cedo para simplemente questionar-se o que sabia (porque literalmente nom sabia nada) e mostrar-se mais aberta a escuitar.
ademais disso, a ediçom que lim tinha bastantes gralhas do estilo «una» en vez de uma, falta de pontos finais ou palavras repetidas, cousa que dói especialmente quando as novidades em galego nom che som dos livros mais baratos numa livraria.
Profile Image for Paula FM.
271 reviews7 followers
July 27, 2021
Gustoume moito a historia que conta esta novela e tamén o xeito en que está narrada. Ademáis creo que ten moito mérito por ser o primeiro libro da autora. Ata algo máis da metade da novela esta segue un ritmo pausado no que imos, xunto coa protagonista, coñecendo unha morea de personaxes, todos eles interesantes, mesturando o pasado e o presente. O motivo porque lle poño un 4 e non un 5 é porque cara ó final da novela semella que a autora quere cerrar a novela. O final paréceme moi precipitado para unha obra que se construíu de xeito pausado e o recurso empregado para chegar ó final tampouco me convence. Creo que a historia gañaría se o final se desenvolvese dun xeito máis lento. Espero ler pronto outra obra da autora.
Profile Image for Luinha98.
4 reviews
August 2, 2022
Ao principio, custa seguir a trama pola gran cantidade de personaxes, pero cando entras na historia xa non podes parar de ler. Unha novela marabillosamente escrita!
Profile Image for Sandra.
959 reviews41 followers
October 21, 2022
Para ser el primer libro de la autora está muy bien estructurado la única pega que le pongo el la parte final que según iba el desarrollo tranquilo me pareció muy precipitado y sin cerrar de todo.
Profile Image for Tor Gar.
419 reviews49 followers
December 18, 2022
[libro en galego]

Hai moito tempo que acabei o libro, incluso acabei outro despois, antes de poñerme con este merdicomentario e xa case non recordo.

Sen que serva de precedente comezarei por antes do comezo e é que a miña escolla desta novela foi o chou. Non sabía nin da súa existencia, apareceume nas recomendacións (algún día debería falar delas porque miña nai querida, nin IA, nin algoritmo nin nada, unha regra de tres básica, pero outro día), estaba dispoñible na biblioteca, collino e comeceino no día seguinte. ¿Podería ter lido a sinopse ou comentarios? Podería. ¿Fíxeno? Hahaha, non. (hostia puta neno, que non se pode escribir “jajaja” en galego. Condenados fillos de moitos pais)

O inicio da novela é malo. Aínda non sei de que vai o libro e a súa protagonista é unha mexericas anticarismática. Sen embargo, co avance da historia, non ten un protagonismo absoluto, hai mais personaxes e é a través deles que por fin descubrimos de que vai: novela da guerra civil española. ¡CAGHONDIOS! Como o último libro que lin en galego, que dous acercamentos tan distintos.

Dividiría a novela en tres partes. O primeiro cuarto introdutorio, o último cuarto conclusorio, es os segundo e terceiro que conforman a parte central do libro e da historia. Esta parte central é a boa, a que paga a pena.

Emprega a autora un recurso no que en tempo presente ocorre algo, unha conversa, un recordo no que se desvela algo con certo impacto e de seguido lévanos a ese tempo e como sucedeu todo. O uso dos flashbacks está moi ben integrado, é moi eficaz e sempre explica e pon en contexto o impacto do que se nos revelou. Ademais cada minihistoria ten o seu punto diferente; é unha historia coral dunha vila e cada un dos veciños ten a súas vicisitudes. Algunhas de auténtico terror. Se me centrase só nesta parte central poñeríalle catro estelas sen dúbida.

O final, o final é como acaba todo. Únense a parte introdutoria e a central facendo que a ignorante protagonista adquira coñecemento, porque si, mentres nos os lectores tiñamos información a protagonista seguía sumida no descoñecemento. E ese mecanismo narrativo da parte central que tanto me gustou desaparece para pasar a ser un todo expositivo e explicativo onde a diversidade de historias morre e concéntrase en como afecta á babiola.

No sei se será o peor desta parte pero é que ademais de ser expositiva en termos da narración o é tamén no campo alegórico. Poderíase interpretar que nos somos á protagonista, que somos ignorantes dun pasado importante. Incluso de que foi tan traumático que o esquecemos polo noso ben e que agora que somos adultos temos que afrontar o que pasou. Non só iso, tamén nas disposición xeográficas xa que a personaxe principal pertence á cidade e ten que ir ó campo para recuperar ese coñecemento porque o campo non esquece (eu engadiría que si que morre) mentres que na cidade todo se fai mais anónimo. Pois iso, que podería ser unha interpretación, a autora explícanolo mais ou menos. Sutileza de martelo pneumático. Demostra unha total falta de confianza no lector. Porque se non o explicase podería dicir que non me gustou, que o xeito de rematar e unir os cabos non o sinto en harmonía pero ó dicilo demostra que a protagonista non lle importa un carallo. E se a ela non lle importa a min moito menos.

E así queda o libro con tres estrelas, cun mal final pero que polo medio transita polas catro estrelas de forma marabillosa.
Profile Image for Alberto.
460 reviews21 followers
September 4, 2026
Unha viaxe á memoria tecida con fíos de ferro, silencios e moita sensibilidade. Unha historia magnificamente narrada, cun fío condutor que te atrapa dende o primeiro momento grazas a unha ambientación moi boa e chea de pequenos detalles que fan revivir con forza a atmosfera de Briana.
O mellor? Sen dúbida, a construción psicolóxica e a alma duns personaxes entrañables e inesquecibles que che rouban o corazón: o ferreiro Antón, a loitadora Olga ou a mítica presenza do Indiano, don Daniel Fonseca. Son a dignidade e a resistencia en tempos de escuridade.
O "pero"? Un desenlace que resulta un tanto apresurado e pouco explicativo con algunhas tramas secundarias. Queda a sensación de que fíos narrativos específicos, merecían máis profundidade e o mesmo coidado desenvolvemento que o resto da novela.
A pesar desta pequena fenda no peche, Flores de ferro é unha lectura imprescindible e moi recomendable sobre a nosa memoria histórica.
4 reviews
September 13, 2025
Lo recomiendo. Hacía tiempo que no leía un libro tan bonito
Profile Image for Cen libros no faiado.
40 reviews3 followers
August 4, 2026
Maravilloso, esa maneira de ir narrando a historia pasada e presente, de ir meténdote nas personaxes ata sentir que estás dentro da historia... Unha maravilla de libro
4 reviews
January 17, 2024
La mejor novela que he leído en los últimos cinco años. Me ha emocionado!
Y la autora, a la que tuve el placer de conocer, es encantadora.
Profile Image for Iris.
22 reviews2 followers
August 11, 2024
Lectura coidada e fermosa, un bo retrato da historia, consegue que entres nunha trama chea de detalles que flue perfectamente. Quizais un final atropelado pero en xeral un libro dos que enganchan.
560 reviews4 followers
June 18, 2022
Historia de familias y secretos desde la guerra civil a los años 80. Se lee bien, engancha, pero no deja de ser un cúmulo de lugares comunes sobre los ideales republicanos y los malvados falangistas. Los personajes son bastante simples, monócromos (los buenos, los malos, la que no sabe nada, el cobarde arrepentido…) Lectura fácil para verano.
Profile Image for Sabela Sanfiz.
8 reviews
August 31, 2021
Tanto o estilo de escritura da autora como a historia en sí gustáronme moitísimo :)

156 reviews1 follower
May 10, 2025
Comenzó bien y se convirtió en poco creible
Profile Image for Ana Arias Castro.
287 reviews10 followers
August 7, 2026
Acabei agora de reler Flores de ferro de María Rei Vilas porque é a actual lectura no meu club de lectura. Esta novela está publicada en Galaxia e foi galardoada co Premio García Barros de 2020.

Na novela atopamos dúas liñas temporais que se van alternando. Na máis actual, que se sitúa nos anos 80, Camila atópase con seu pai impedido tras un ictus e ten que tomar a decisión de vender a propiedade que teñen en Briana a fin de poder sufragar os futuros gastos que suporán os coidados do pai. A viaxe que vai realizar alí é o pretexto para atopar as persoas que a coñeceron de nena e mais a historia da súa familia, segredos incluídos.

Na liña temporal que se remonta a cincuenta anos antes, atopamos á familia do indiano que construíran a casa e a escola da vila e tiña unha posición acomodada. As súas fillas e Olga vivían neste mundo e de arredor del atopamos máis personaxes de diferentes clases sociais e que irán debuxando o panorama da vila neses tempos da república e a súa efervescencia. A implicación política, non seguir o camiño socialmente aceptado por aqueles que despois dirixirían o país, acabou modificando completamente as esferas de poder e influencia con consecuencias dramáticas para moitos.

Camila terá que ir pouco a pouco recompoñendo o crebacabezas coas pezas dispoñibles pois a maior parte da información foille ocultada toda a vida e só agora, sen a influencia do pai, é quen de comezar a facerse preguntas e comprender: que sucedeu na casa familiar? que presenciou ela realmente? que sucedeu con seu irmán? que relación tiña a súa familia co resto de veciños?

Esta novela responde a un esquema xa coñecido e céntrase moito na influencia do pasado no presente da protagonista. Posiblemente moitos dos feitos narrados resulten algo rebuscados pero o que lle botei en falta é que nas diferentes liñas temporais os personaxes parecen pensar con mentalidade actual e non coa que correspondería a aquel momento. Polo demais é unha novela con capacidade para enganchar aos lectores.

Unha lectura bastante entretida para o verán!
Profile Image for Tania.
86 reviews3 followers
November 1, 2026
𝐅𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐫𝐫𝐨 é un libro que o corpo me pediu ler paseniño para repartir un pouco, entre diferentes días, o sufrimento que me produciu.

De primeiras semella unha historia como moitas outras nas que unha moza volve á súa aldea natal e alí descobre un pasado familiar que descoñecía. E realmente é así tal cal, pero a protagonista ten amnesia disociativa logo de ver morrer á súa nai cando era unha nena; e a historia que se tece non é só a da súa familia senón a de todo un pobo (ou mesmo a de todo un país).

As súas personaxes son inesquecibles, todas elas vítimas do tempo no que lles tocou vivir e silenciadas por anos e anos de represión, consumidas tamén pola dor e as ausencias.

Conta con dúas liñas temporais, comezando a do pasado nos anos previos á sublevación militar do 36. Logo chegará a Guerra Civil e posteriormente a Ditadura, e con ambas virá tamén para quedarse o terror, as violencias, os asasinatos, as familias rotas,... e, como xa dixen, os silencios.

Sempre me resultou duro pero importantísimo ler sobre esta época, pero máis mo resulta agora nos tempos que estamos a vivir, cando hai apenas só uns días que unha morea de rapaces e rapazas facía o saúdo fascista na Porta do Sol, entre outras barbaridades.

Só nos queda resistir, porque llo debemos a todas esas flores de ferro que resistiron antes en condicións moito peores que as nosas. Porque non sei vós... Pero eu non quero estar condenada a repetir o pasado.

Libros coma este alónxannos un chisco desa fráxil liña entre a ignorancia e o saber, entre a barbarie e o que non é barbarie.

«𝘌𝘭𝘢 𝘥𝘦𝘤𝘢𝘵𝘰𝘶𝘴𝘦. 𝘗𝘳𝘦𝘴𝘦𝘯𝘵𝘪𝘶 𝘰 𝘧𝘪𝘯 𝘥𝘰 𝘮𝘶𝘯𝘥𝘰. D𝘰 𝘴𝘦𝘶 𝘮𝘶𝘯𝘥𝘰. 𝘌𝘭 𝘯𝘰𝘯. 𝘔𝘢𝘯𝘥𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘣𝘦𝘴𝘵𝘢𝘴 𝘱𝘳𝘦𝘦𝘪𝘳𝘢𝘴, 𝘢𝘵𝘳𝘢í𝘥𝘢𝘴 𝘱𝘰𝘭𝘢 𝘮𝘰𝘳𝘵𝘦, 𝘭𝘰𝘨𝘳𝘢𝘳𝘰𝘯 𝘥𝘰𝘮𝘪𝘯𝘢𝘳 𝘦𝘴𝘵𝘢 𝘵𝘦𝘳𝘳𝘢, 𝘦 𝘧𝘰𝘳𝘰𝘯 𝘮𝘰𝘪𝘵𝘰𝘴 𝘰𝘴 𝘲𝘶𝘦 𝘢𝘤𝘢𝘣𝘢𝘳𝘰𝘯 𝘦𝘴𝘯𝘢𝘲𝘶𝘪𝘻𝘢𝘥𝘰𝘴 𝘦𝘯𝘵𝘳𝘦 𝘢𝘴 𝘴ú𝘢𝘴 𝘧𝘢𝘶𝘤𝘦𝘴 𝘴𝘦𝘥𝘦𝘯𝘵𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘴𝘢𝘯𝘨𝘶𝘦. 𝘗𝘦𝘳𝘰 𝘦𝘭 𝘯𝘰𝘯 𝘢𝘴 𝘷𝘪𝘶 𝘷𝘪𝘳.»

«𝘚𝘢𝘯𝘥𝘢𝘳 𝘰𝘶 𝘮𝘰𝘳𝘳𝘦𝘳. 𝘕𝘰𝘯. 𝘚𝘢𝘯𝘥𝘢𝘳 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘱𝘰𝘥𝘦𝘳 𝘮𝘰𝘳𝘳𝘦𝘳 𝘦𝘯 𝘱𝘢𝘻.»
Profile Image for carla.
129 reviews1 follower
August 17, 2025
flores de ferro é a historia de antón, aurora, santiago, catalina, olga,...; é a historia dunha moza que volve á vila onde naceu sen recordar nada do seu pasado, encontrándoo de fronte sen esperalo; é unha historia sobre os olvidados da guerra civil. fálase da importancia da transmisión da memoria e de todos aqueles que quedaron atrapados nela: das feridas pechadas pero non curadas, das decisións tomadas e o arrepentimento posterior, da dor, da pérdida e a carraxe.

maría rei vilas recolle nestas páxinas a historia dunha vila dende o punto de vista de cada un dos personaxes que a conforman, cunha narrativa excelente que te atrapa dende os primeiros capítulos.

pode ser un dos meus libros favoritos desta temática ata o momento. i eso que non son moi dada ás novelas cun trasfondo de guerra civil porque acostuman a ser máis densas. pero o achegamento aos diferentes personaxes e á propia voz dunha vila.... chicas es mi cosa.
Profile Image for Sandra - Leer y Recomendar Calvar.
3 reviews2 followers
November 29, 2022
Novela intensa dende case os primeiros capítulos xa que todos os personaxes están enriquecidos con vidas dramáticas cheas de miserias e tristuras pola época e as circunstancias que lles tocou vivir.

Unha Galicia rural que a autora describe marabillosamente, tanto pola pobreza, o analfabetismo, os traballos duros e pouco agradecidos, coma as xentes que as moraban, que ao mesmo tempo tiñan unha necesidade de aprender e prosperar, que por desgraza o fascismo lles arrebatou.

Creo que a autora soubo levarnos e meternos na historia que nos conta, con moito afecto pola parte do lector, que de algún xeito lembrou e rememorou aos seus propios avós con moita ternura e respecto por quen tamén viviu esa parte amarga do silencio, dos abusos, das traizóns, dos desaparecidos, das mortes… De erguer a cabeza e tirar cara adiante.
1,571 reviews57 followers
June 11, 2024
3.75 Me parece que está muy bien escrito, con mucho ritmo y con descriciones que me emocionaban, cosa que es rara, normalmente me aburren. Los personajes son muy completos y diversos. El problema es que yo este tipo de libros no me apetece leerlos. La historia de la guerra civil española es terrible y me da una bajona que no es lo que yo quiero sentir al leer. Nunca me apetecía coger el libro y a pesar de la increíble prosa de la autora es sólo otra historia más de estas que siempre acabo leyendo obligada. El final también me pareció bastante apresurado y nos quedamos sin saber casi nada de Pedro a pesar de lo importante que debería ser para la historia. Volvería a leer a la autora si saca un libro de otra temática.
Profile Image for Kouran Aki.
4 reviews
October 3, 2022
Una visión intergeracional de la vida en la Galicia rural desde antes de los años 30 hasta finales de los 80, de los efectos de la guerra y sus ecos que perduran años y años en el futuro, y de un misterio familiar que lleva oculto durante décadas y que se irá revelando poco a poco.

Para ser la primera novela de María Rei Vilas, hace un buen trabajo en atrapar al lector en esos secretos que se van desentrañando a través de la biografía de los habitantes del pueblo de Briana.

Las descripciones son muy minuiciosas y aunque el dominio de la narrativa queda patente en el lenguaje de la escritora, puede hacerse muy pesado, especialmente al inicio.
Profile Image for Lucía Nicolino .
102 reviews
October 7, 2024
Unha historia envolvente, crúa por momentos pero realista que nos plasma un esbozo do noso pasado durante a guerra civil. Ao comezo, debido á gran cantidade de personaxes e as múltiples relacións que se establencen entre eles, costa seguir o fío condutor pero unha vez que xa os coñeces a todos, a rede de protagonistas tece unha arañeira perfecta na que todo vai cobrando sentido.
Como punto negativo o final pareceume algo "apurado" posto que para a protagonista o misterio de seu pai resólvese dunha forma rápida e sen moitas trabas.
Con todo, foi un dos mellores libros que lin nos últimos meses.
97 reviews
March 18, 2026
Trinta anos despois da traxedia que cambiou a sua vida, Camila volve a súa aldea natal, Briana, co obxetivo de vender as propiedades que herdou.

Alí hai moita xente que coñece a sua familia e que quere que, de unha vez por todas, abra os ollos.

Género: ficción/histórico

Conta parte da historia de España dunha maneira moi dura e real (como nola poden contar os nosos pais e avós), con personaxes complexos que te obligan a seguir lendo para entender todo o que Camila ainda non sabe.

Unha joyita feita en Laracha <3
15 reviews1 follower
August 26, 2025
Me chirría la manera en que están narradas numerosas partes del libro pero, a medida que se aproxima el final del mismo creo que la trama se vuelve un cliché de "americanada", bastante decepcionada. Le doy 3 estrellas y no menos porque me mantuvo con la intriga de saber qué pasaría al final, pero no lo recomendaría.
Displaying 1 - 30 of 44 reviews