A bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade. Xa soña cun ascenso. O que non imaxina é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas. Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor. Con Miguel Porto como ilustrador.