Continuando Có reto lector de @libroscontos e a proposta para este mes de marzo de @barbibooks (autora galega), a miña escolla #libresevivas, non trae unha, senon dez fascinantes magas da palabra que, a través de dez marabillosos relatos, falannos dunha temática, que amparada no sistema patriarcal, non deixa de estar de actualidade.
🍀Convido a calquer persoa que se anime a ler estas dez xenialidades, a facer o esforzo de por a mente en branco. Mirade si sodes capaces ao ler cada relato, de non pensar na historia da vosa curmá, na última historia que lestes nun xornal, no que vos aconteceu naquel verán ou no desgraciado desenlace daquela veciña...Si é posible, porque é difícil, pensade que vos atopades ante dez historias de ciencia ficción, dez relatos incríbles e tan absurdos que só podrían formar parte da fantasía dun libro. Non ides ser capaces, porque esas mulleres somos todas. As súas historias son as nosas; coñecémolas tan Ben que seguimos na loita porque algún día, por fin e de verdade, só vivan no maxín dalgunha destas Magas da Literatura.
🦋Cando nos 8M ou 25N, en días soltos, vexo esas frases de "un home non viola, viola un violador", e outras tantas parecidas, que están cargadas dunha demagoxia machista que cheira ao lonxe, pregúntome se quenes as comparten, consideran que as demais durmimos cun mostro ao lado?
Se cadra só durmimos cunha persoa que ten as mesmas preocupacións e inquedanzas ca nós e que non van impresas no sexo Có que nacemos, senon na única e digna xustiza que pode brindar eso, que na "loita coa palabra" se chama IGUALDADE.
#libresevivas: unha MARABILLA IMPRESCINDIBLE
"𝐋𝐞𝐨 𝐚 𝐭ú𝐚 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐞 𝐧𝐨𝐧 𝐩𝐨𝐝𝐨 𝐞𝐯𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐝𝐚𝐫𝐜𝐡𝐞 𝐚𝐬 𝐠𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐫 𝐧𝐨𝐧 𝐝𝐨𝐛𝐫𝐞𝐠𝐚𝐫𝐭𝐞, 𝐩𝐨𝐫 𝐧𝐨𝐧 𝐫𝐞𝐧𝐝𝐞𝐫𝐭𝐞 𝐚 𝐞𝐬𝐚 𝐝é𝐛𝐞𝐝𝐚 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐚𝐥𝐠ú𝐧𝐬 𝐬𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐡𝐮𝐦𝐚𝐧𝐨𝐬, 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐚𝐬 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬, 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐟𝐞𝐢𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐧𝐚𝐜𝐞𝐫𝐦𝐨𝐬 𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐯𝐢𝐯𝐚𝐬. 𝐏𝐨𝐫 𝐧𝐞𝐠𝐚𝐫𝐭𝐞 𝐚 𝐩𝐚𝐠𝐚𝐥𝐚, 𝐚 𝐝𝐞𝐢𝐱𝐚𝐫𝐭𝐞 𝐦𝐨𝐥𝐝𝐞𝐚𝐫 á 𝐜𝐮𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐭𝐢 𝐦𝐞𝐬𝐦𝐚" 𝐃𝐨 𝐫𝐞𝐥𝐚𝐭𝐨 𝐎𝐍𝐃𝐄 𝐆𝐑𝐀𝐋𝐋𝐀𝐍 𝐎𝐒 𝐂𝐎𝐑𝐕𝐎𝐒 𝐝𝐞 𝐂𝐡𝐚𝐫𝐨 𝐏𝐢𝐭𝐚