Unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír. Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”?
Zé, o noso protagonista, vive unha historia chea de valentía, loitando a contracorrente por construír a súa propia identidade. Coa complicidade dos seus amigos e a súa familia, percorrerá un camiño en que moitas vendas negras, que tapan os ollos e a alma, caerán ao chan. Rompendo todos os moldes, Zé será quen de amosarlle a todas as persoas que dá igual como te vexan os demais. O máis importante é como nos sentimos nós, ser quen queiramos ser e seguir sempre o que dite o noso corazón.
Nee Barros Fernández nasceu no 2002 e, quando era pequene, comia as sopas de letras por ordem alfabética. Agora que medrou, usa essas letras para escrever, criar e queixar-se. Custa-lhe muito definir-se, mas gosta de reivindicar-se como queer, autista e orgulhose. Gosta também da cor azul, dos animais e dos livros de Alice Oseman. Nom gosta das multitudes, nem dos ruídos mui altos, nem da luz mui forte.
Nas redes é divulgadore cultural e ativista baixo o nome de @neeumatiko. Podes encontrá-le principalmente no seu canal do YouTube a falar de livros e realidades LGBTIQA+. Em literatura, escreveu a obra de teatro "Identidade. A normalidade do non-común", a novela "Nom estamos quebrades" e autopublicou os "19 poemas para um VÍRUS-19".
Para falar de Nee podes usar tanto o género gramatical (o pronome!) neutro como o masculino. Elu está feliz de que ê leas. Ele está feliz de que o leas.
Pareceme super importante que se estén escribindo libros reflexando as realidades trans e non binarias, por iso deume moita magoa que non me gustara :( (inda así support atope)
sinto que non pasa nada en ningunha escena, que nada é relevante. E a metáfora de que leven cintas negras pareceme un pouco básica e se repite en todas as escenas da obra :(
de todo o que lin de nee, definitivamente non foi o que máis me gustou. igualmente (ao igual que toda a obra de nee) paréceme moi necesaria. destacar tamén o afán pedagóxico que caracteriza a súa obra, xunto co accesible que resulta para a xente nova, que tamén me parece un puntazo. gustaríame moito ver a obra teatral representada.
Fun á biblioteca a buscar este libro e sorprendeume que estivese na sección de LIX. Coñecía a obra e a súa temática (Nee é unhe divulgadore xenial e ten outros textos que me gustaron), mais non sabía que era da colección Costa Oeste. Talvez non me gustou por ser LIX, ou talvez na LIX acaban por meter libros só desde unha ollada didáctica e pedagóxica e con pouca ou ningunha complexidade, tratando es lectores adolescentes de parves.
Hai cousas que me gustaron moito en Identidade e que creo que poderían funcionar nunha representación, como o recurso das cintas negras ou a escena dos espellos (chulísima). Con todo, ten moitas escenas repetitivas, moitísimos cambios de escena complicados, moitas anotacións ultraexplicativas que case rozan a condescendencia... Non sei, hai moito que peneirar, que non achega á trama ou aes personaxes.
Con todo, xa me gustaría a min publicar unha obra de teatro sobre unha temática pouco explorada na nosa literatura, desde unha voz propia e conseguindo saír (un pouco) dos estereotipos sobre a identidade trans. E con 19 anos 🫠
This entire review has been hidden because of spoilers.
POR FIN PUIDEN LER ESTE LIBRO (é que por algunha razón aparecía para emprestar en galiciale pero non podía lelo). Tíñalle moitas ganas. Quizais de forma obxectiva é máis coma un 3.5, pero pola forma na que trata o tema e porque i'm in this photo and i don't like it déixoo nun 4. É unha obra curta de teatro que ten un bó punto medio en relación ao seu público: unha persoa trans pode sentirse identificada coas situacións ou os pensamentos amosados e ao mesmo tempo pode servirlle a unha persoa cis para entender mellor o que é ser trans (sinto que algunhas obras que tratan de educar sobre o tema poden chegar a sentirse demasiado "para xente cis", neste momento non sei como explicalo mellor xdd).
O libro, pareceme todo unha experiencia. A idea e o argumento parecenme realmente conmovedores. Non obstante,a obra non me convence moito, quizás é simplemente son eu que non estou acostumado a leer teatro, pero a acción do libro pareceume seca e escasa, e os personaxes, para nada desarrollados. Gustaríame darlle maior puntuación, porque é realmente conmovedora, pero foron esos puntos os que me fixeron cambiar de opinión. Gran traballo Nee!
🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑 Identidade, de Nee Barros Fernández es una obra de teatro de la normalidad de lo “no –común” que sigue a nuestro protagonista, Zé, en su lucha por ser aceptado. Él no es ni se llama María, a pesar de ser el nombre que sus padres le pusieron nada más nacer.
Él es un chico pero es algo que la sociedad sigue sin aceptar y una materia en la que está cegada por una venda de ignorancia que sigue clasificando al protagonista como una chica. Sus argumentos no son tan raros de escuchar: “cosas de la edad”, “estará confundida”, “chico es chico y chica es chica”… 🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑🏳️🌈🧑
Independiente a lo que cada uno opine, es realmente trágico tener este dilema con el que lidiar a diario. Zé solo quiere ser aceptado. Y es en este largo camino de transformación (una verdad de la que siempre fue consciente) donde dejará clara su libertad y su identidad.
Es una obra breve pero que ataja la transexualidad desde muchos puntos de vista, centrándose no solo en Zé, sino también en su entorno. Es un libro que celebra la diversidad y manda un claro mensaje de ser nosotros mismos a pesar de las circunstancias. Tiene que ser una experiencia interesante ver esta obra representada.
É unha historia curta de teatro que me flipou! Paréceme un exercizo incrible por parte de Nee reflexar todas estas vivencias que, quizá, puideron abrir vellar feridas e máis sendo unha persoa tan noviña, así que en moitos intes sentín estar lendo algo tan tan íntimo, que non puiden máis que sentirme agradecida a elu por amosarmo. Este libro pasareillo ao meu sobriño cando saiba ler, pois paréceme que transmite ensinanzas tanto para as persoas cis como para as trans, non binarias ou queers en xeral. Ademáis, da gusto poder ler na nosa lingua textos que temáticas actuais, así que bravo por Galaxia, por apostar polos novos talentos e por historias non tan convencionais. Lectura sinxela pero moi recomendada para todos os públicos!
Unha historia necesaria que achega e facilita a comprensión dun proceso complexo e pouco tratado na literatura xuvenil como é a realidade das persoas trans e nb.
É certo que hai escenas repetitivas e parece que a trama non avanza, mais considero que tamén se pode interpretar como unha representación máis da cotidianidade durante o cuestionamento de xénero e a exposición deste na sociedade.
A obra é un bo referente, así como o contexto da súa escritura.
Que obra tan entrañable. Se sintió como leer un poema visual, cargada de muchísima emoción, te empapa con la sensación de no encajar, de no entender por qué eres diferente, del camino de descubrir que la culpa no es tuya sino de la sociedad. Traspasa el mensaje a favor del colectivo trans a ser un grito de guerra para toda la comunidad y para todos los que sentimos que no encajamos en un mundo moldeado para solo unos cuantos privilegiados.
Coido que é un libro ben importante e, sobre todo, útil para o traballo dos dereitos trans coa mocidade. Enmarcado neste obxectivo, o de ter unha ferramenta para o traballo e a mobilización de xente moza e familias, e non tanto no de ler un texto que sorprenda literariamente falando, merece unha boa calificación.
Fai unha achega á experiencia trans que axuda a formar, a entender e disque a respectar, e queda na literatura galega. Moi recomendábel, en definitiva.