Jump to ratings and reviews
Rate this book

Confusión e morte de María Balteira (Baía Narrativa Book 27)

Rate this book
Conxunto de relatos que recrean o mundo máxico das lendas galegas, resaltando o universo feminino.

104 pages, Kindle Edition

First published January 1, 1996

1 person is currently reading
12 people want to read

About the author

Marica Campo

16 books2 followers
María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega.

É a quinta filla dos seus pais; son en total oito irmáns. Pasa os primeiros anos no Incio, pero vai á escola a Lugo. Cando ten oito anos a familia trasládase a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos ingresa nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira, e alí permanece cinco anos. Acode á Universidade Pontificia de Salamanca onde fai estudos de Teoloxía. Obtén o título de mestra e inicia estudos de Filosofía e Letras.

Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo; entre outros: Muimenta, e Castro de Rei, así como en Canarias, e despois na Mariña de Lugo, onde reside varios anos. Posteriormente desenvolve o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubila en 2008 e onde continúa a residir.

Publica os seus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comeza a escribir en galego durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei. Participa en concursos de poesía, prosa e teatro obtendo algúns premios. Tamén fai letras para o grupo musical Fuxan os ventos. Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.

No ano 2013 foi homenaxeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na súa terra, onde ten un monólito.

En 2018 é elixida protagonista da quinta edición do Día das Galegas nas Letras, pola plataforma literaria A Sega, premio que foi outorgado xa a Patricia Janeiro, María Xosé Queizán, María Victoria Moreno e Dorothé Schubarth.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (25%)
4 stars
5 (41%)
3 stars
4 (33%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.