Jump to ratings and reviews
Rate this book

Coidadora

Rate this book
A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dun relato poliédrico, a personaxe principal conéctanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. «Coidadora» é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos ou científicos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.

184 pages, Paperback

First published April 1, 2021

1 person is currently reading
29 people want to read

About the author

María Marco

6 books2 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
8 (18%)
4 stars
17 (38%)
3 stars
14 (31%)
2 stars
3 (6%)
1 star
2 (4%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Andrés L Blanco.
18 reviews2 followers
November 28, 2021
Un maxistral exercicio de hibridación entre a literatura máis íntima e a máis especulativa. Fermosamente escrito, cuns capítulos humanos, cheos de agarimo, dor, amor, impotencia e outros que están á vangarda do que se está a facer en ciencia ficción na actualidade, intercalados con momentos divertidos, poéticos e anecdóticos que alimentan a curiosidade e confiren ao fío narrativo unha grande orixinalidade e un grande dinamismo.

Do mellor da literatura galega dos últimos anos. Agardo que despois deste debut a autora nos deleite con novos libros.
Profile Image for iamnothistoria ✨.
218 reviews
February 16, 2025
Non me esperaba que o libro estivese escrito así! Bastante curioso, gustaronme especialmente varias reflexións sobre o tema que me fixeron pensar como:

"Coidadora como pensadora. Porque os coidados non se improvisan hai que planeamos. Hai que debucar con cada enfermo un mapa de fracasos até atopar Unha rutina, esa fórmula máxima que evoque Unha falsa sensación de normalidade"

"Coidar é a máxima expresión do capitalismo. Coidar é o verdadeiro acto revolucionario, un acto kamikaze dunha radicalidade infravalorada. Empodéranos como especie anulándonos como individuos. Coidar é o sacrificio radical de anulación do eu. Vendéronnolo como expresión de amor, pero o amor non existe, tan só existen os coidados".
Profile Image for Gis:elle.
403 reviews1 follower
December 8, 2023
Gustoume moito como está montada a narración, cunha morea de fragmentos de distintos xéneros para falar da dura vida de quen coida. A capa é realmente mala.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.