Aos vinte e cinco anos da súa primeira edición, Polaroid é unha obra de referencia na historia da literatura galega contemporánea. Supón, entre outras cousas, a entrada na novela do mundo urbano galego, especialmente os barrios das cidades, da década dos oitenta e máis concretamente dos anos da salvaxe reconversión industrial. Un libro coa alma fracturada. O propio Suso de Toro cualificouno daquela como «estalido de furia inspirado polo punk». Enlazaba tanto co underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, cos medios de comunicación audiovisuais e coa música pop anglosaxoa.
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.
O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.
É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.
En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.
Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.
Joder sinto que lle estou dando 3 estrellas a todolos libros de narrativa pero e que… Os contos hai algún que está millor ca outros evidentemente, pero e que non entendo a distribución dentro do libro, entón iso frústrame!!!
unha estraña colección de historias peculiares, unhas mellores e outras peores, pero todas teñen en común ese peculiar compoñente, de extraordinaria narración. A edición polo 25 aniversario da editorial xerais acompaña o texto, ademais, de fotos que lonxe de aportar un senso á narración, aínda a fai mais estraña.
Xa non viña con moitas expectativas a verdade, pois non tiña bo recordo de Suso de Toro. O libro en si está ben, non hai ningún conto que me encantase especialmente ou que poida destacar como mellor ca outros. Unha lectura fácil, pero que non me encantou.