Jump to ratings and reviews
Rate this book

Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe

Rate this book
Dende Safo a Mary Jean Chan, gran cantidade de poetas compuxeron ao longo do tempo versos que daban conta de diversas identidades e orientacións sexuais. En Campo de plumas, Jesús Castro Yáñez escolle algúns deles e dálles forma en galego, con gran coidado e sensibilidade. Nesta escolma os poemas manteñen unha relación fluída e natural entre si e dialogan coa mocidade de hoxe.

184 pages, Paperback

Published June 7, 2021

Loading...
Loading...

About the author

Jesús Castro Yáñez

18 books8 followers
Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo galego.

Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía. Tres anos despois gañaría o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtería mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. 2015 foi o ano máis importante para el canto a recoñecementos, pois en pouco tempo foi recoñecido con dous premios relevantes: o I Premio de relato breve Nélida Piñón do Concello de Cotobade, co relato «O vello e o minotauro» e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos.

Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe de descarga gratuíta Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014). No 2017 publica en inglés /\/\/\ dentro do proxecto poetrywillbemadebyall.com —dispoñible tanto para descarga gratuíta en internet como en formato impreso— e Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017). En 2018 colaborou na revista Ligeia.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
16 (32%)
4 stars
23 (46%)
3 stars
8 (16%)
2 stars
1 (2%)
1 star
1 (2%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for Mon Rivas.
1 review3 followers
January 18, 2022
Unha fermosísima colección de poemas que tamén deleitará a adultes. Descubrín moites autores interesantes! Gran traballo de tradución ao galego, exquisito.
Profile Image for Manuel Gil.
340 reviews61 followers
October 24, 2023
É unha selección marabillosa para levar ás aulas e non só para que o alumnado aprenda sobre a realidade LGTB+ ao longo da historia, senón para que caten e proben a poesía sen máis fin que a de gozar deste xénero
Profile Image for Iria Gato.
27 reviews4 followers
March 9, 2022
Os poemas escollidos son unha marabilla e poden facer que che guste moito a poesía. A tradución ao galego é fantástica.
Profile Image for ladygaga.
9 reviews
January 6, 2022
Noraboa pola escolla dos textos e pola novidade dos últimos autores.
Totalmente recomendado.
Displaying 1 - 9 of 9 reviews