What do you think?

Esta noite hei de ir a verte
Setembro de 1964
Sabela, unha mestra que acaba de sacar as oposicións, chega á parroquia de Brandeira. Alí agárdana a súa primeira escola e moitas outras cousas que non esperaba atopar: unha casa abandonada, luces misteriosas, unha alumna inquietante, uns amores truncados e as feridas do pasado que continúan abertas. Sabela descobre que non todo é o que parece, que a vida sempre te sorprende alí onde menos o agardas e que os finais dunhas historias dan paso ao comezo doutras. Un relato intenso, ás veces inquietante, que non poderás deixar ata o final.

200 pages, Paperback
Published June 18, 2021
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
February 25, 2022
2.5
Teño unha chea de sentimentos sobre este libro. Por unha parte, gustoume a historia que conta e creo que é importante que se fale abertamente destos temas en Galicia, que se desenterren historias e así. Tamén o contexto histórico, onde creo que a autora fai un moi bo traballo de cara a retratar esta época e resultoume moi interesante empaparme máis sobre as costumes, supersticións, etc.
Por outra banda, a introdución do elemento paranormal pareceume que restaba impacto e ata importancia a historia que se estaba a contar. Tampouco me gustei o ritmo narrativo da novela, xa que apenas pasa nada ata as últimas cincuenta páxinas, onde todo ocorre dunha maneira demasiado apresurada.
De todas formas, creo que é un bo libro, especialmente para escoller coma lectura obrigatoria.

March 7, 2023
Lin o libro por que era de lectura obrigatoria, pero gustoume moito.
April 8, 2026
non é un libro que produza moita intriga, pero para un rato pode estar ben, especialmente se che interesa a historia
Displaying 1 - 3 of 3 reviews