Jump to ratings and reviews
Rate this book

Os libros que hai en min

Rate this book
Cando unha pensa que un día sen ler é un día perdido, o fai en calquera parte e o comparte nas redes sociais, corre o risco de que unhas editoras atentas e curiosas lle pidan algo así como unha “biografía bibliográfica”. Un ensaio que percorra a vida dunha bibliópata desde a infancia ata os, poñamos por caso, corenta anos; desde que odiaba ler ata chegar ao punto de desexar non parar de facelo, no que conte as súas vivencias arredor desas obras que supuxeron un antes e un despois. Un texto cheo de humor, amor, anécdotas, digresións e libros. Os libros que hai en Emma Pedreira.

160 pages, Paperback

First published July 29, 2021

66 people want to read

About the author

Emma Pedreira

40 books21 followers
Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90.

En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros".

En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
35 (43%)
4 stars
32 (39%)
3 stars
13 (16%)
2 stars
1 (1%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 8 of 8 reviews
Profile Image for Bárbara.
100 reviews7 followers
March 22, 2022
Nada máis abrir o libro descubro xa algo que comparto con Emma Pedreira: o gusto polas listas. Non sei se ten que ver co maniática da orde que son, mais é o que hai.
🔹
O caso é que facer unha lista coas cousas que chamaron a miña atención neste libro ou coas que coincido paréceme a mellor maneira de falar del. Aí vai:
✳️De pequena tamén tiña esa sensación de que os maiores non respectaban ou non tomaban o suficiente en serio a Gloria Fuertes. Quizais por iso nos gustaba tanto aos nenos e nenas (e nos segue gustando de maiores).
✳️Eu tamén «me apropiei» dun libro, aínda que non direi de cal, nin como, nin onde. De feito, negarei ter escrito estas palabras.
✳️Teño esa edición de O lapis do carpinteiro, con ese lapis «vermello, triangular, perfecto» aínda pegado no lombo.
✳️Por razóns que nada teñen que ver coas de Emma no seu momento, deitada bocarriba é a miña postura lectora por excelencia combinada coa de sentada na cociña comendo e/ou bebendo (está última, sentada, non funciona doutra maneira nin en ningún outro lugar).
✳️Segundo leo, vou anotando novas lecturas (como non?), neste caso, por exempo, o Diario de Frida Kahlo (xa sabedes que agora me deu polas autobiografías femininas).
✳️Tsundokista por aquí.
✳️Tamén a min me anguria pensar todo o que hai por ler.
✳️Por suposto, deixaría plantado a un posible ligue (ou a quen fose) se me aparece cun Reverte na man.
✳️Eu tamén adoitaba ler máis libros escritos por homes, mais agora...
✳️Na miña casa o Conto de María Sarmiento era o Cuento de la buena pipa (insoportable).
✳️A min tamén me gusta deixar pegada nos libros (subraiar, doblar, rozar..., que se note que pasei por eles igual que moitos pasan por min).
✳️O outro día conteille a unha amiga que teño outra amiga que cando viaxa, visita cemiterios.
✳️Algúns libros, así, a bote pronto, que hai en min (polos motivos máis diversos): Miniclásicos, As bruxas, El castillo de Camberleigh, Las uvas de la ira, La elegancia del erizo... (e moitos máis, pero para poñer aquí abonda)
Profile Image for Mazá da horta.
1 review8 followers
November 24, 2021
Cando me decidín a mercar este ensaio foi despois de ler as tan boas recensións que me estaba atopando por aquí. Sen dúbida parecía un libro no que sentirse identificada e sobre todo, acollida. A súa edición ademais é fermosa e chámate dende os estantes.
Hai veces que preciso falar e falar sen límite dos libros que leo e que me marcan, tamén daqueles que a min non me gustaron nada de nada, aqueles outros que me produciron rabia ou os que me deixaron indiferente... mais atopar persoas ás que lles interese escoitarte non é doado. Vivimos nun momento en que o audiovisual gaña (quero pensar que non, que o que acontece é que es lectories nos agochamos, pero que seguimos vivindo dentro das nosas historias favoritas).
Entre estas páxinas atopeime cun lote inmenso de reflexións e feitos que a autora viviu e nos que me vin reflectida. Por iso mismo decidín deixarvos aquí algunhas desas frases que marquei [non todas porque senón tería que mostrarvos o libro enteiro].
Unha das cousas que máis me gustaron foi ese humor e esa crítica que a autora fai, cun vocabulario e expresións que para min son tamén a clave para facernos sentir identificades. Tamén destaco a gran listaxe de obras que anotei nun caderno.
Neste último ano decidín que quero ler máis autoras, que quero ver personaxes femininas escritas por mulleres e non por señoros, que necesito empaparme dos pensamentos doutras mulleres para así sentir que non estou tola. Así que remato deixándovos unha cita que para min reflicte moi ben o que sinto de cara aos escritoros:

"O meu problema con eles é cando escriben e fan uso da súa supremacía igual que aquela ben triste lenda urbana que dicía de Errol Flynn que era quen de tocar o piano co seu carallo. E digo eu, para que, se sempre soaría mellor usando dez dedos que unha pirola? Pois porque tiña pito e quería usalo para facer a diferenza. E non teño máis que dicir."
Profile Image for Cristina Andión Barreiro.
116 reviews7 followers
September 19, 2022
De este ensaio chamoume a atención o título. Logo de leer a sinopse non dubidei en que podía ser unha lectura moi interesante.
Permitiume sentirme identificada coa autora nalgunhas cousas, a mellor? A teima por coleccionar exemplares desa maravillosa primeria lectura: O Principiño. E visitar librerías en tódalas viaxes, por todo o mundo. Ó igual que Emma Pedreira eu tamén traio exemplares deste libriño como recordo das miñas viaxes en edición e idioma do lugar.
Grazas a este ensaio tamén puiden descubrir novas lecturas e novas librerías as que, espero algún día, ir.
Pon en valor tamén a nosa literatura galega e algún dos nosos escritores, libros dos que non nos podemos esquecer e así poñer en valor a nosa literatura.
Profile Image for Malvalm.
40 reviews
August 21, 2023
Cinco estrellas aunque estuve tentado a ponerle cuatro porque no acabo de entender que una bibliófila no pueda / quiera leer al ingenioso hidalgo. Es uno de los escasos momentos en los que me parece que la pose de la autora casi ahoga su voz. Y sin lugar a dudas (para moi) la voz es mucho más interesante que la pose BS.
En cualquier caso: ameno con a mayúscula, entretenido con e mayúscula, galleguérrimo. Tesoro encontrado en el supermercado de la cooperativa de O’Val (Narón).
Profile Image for Sai_pazos.
162 reviews11 followers
January 12, 2022
Un libro para amantes de libros, para recoñecer na autora as mesmas teimas que podemos ter calquera e para que aumente a nosa lista de pendentes coas diferentes recomendacións-que-non-son-tal-pero-coma-se-o-fosen
Profile Image for uxvilux .
180 reviews9 followers
June 29, 2022
Nada mais lindo que ler sobre libros. Mentres lía como ao rematalo fun apuntando novas lecturas e escritoras e recen o finalicei estaba deseando comezar inmediatamente unha nova lectura que me fixera sentir todas esas sensacións que Emma Pedreira describe tan ben
Profile Image for Maryam Vazquez Mendez.
79 reviews
March 29, 2022
Tal cual soy yo, me encantó como fue descubriendo los libros hasta me dió la impresión de ir al mismo colegio que ella por los títulos y la edad de lectura jajaaja
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Gabriela Harper.
54 reviews11 followers
June 5, 2024
Sen dúbida comparto con Emma Pedreira unha xeración e un amor grande pola lectura. Emma Pedreira fai de Os libros que hai en min un relato autobiográfico, confesional e literario, un híbrido entre o ensaio e literatura confesional contemporánea.

Por unha banda, os libros son o fío condutor das lembranzas da autora. Por outra banda, as lembranzas da autora actúan de impulso da súa propia historia de amor polos libros.

Non podo negar que me chamou atención que Emma chegase tarde á lectura (una confesión que considero valente para unha escritora). Esta e outras confesións persoais e familiares que se van deslizando por Os libros que hai en min, fai que o texto supere a consideración de un mero ensaio sobre a paixón lectora. Fai da obra unha vivencia real e tanxible, e fai que, probablemente, algunhas ou moitas lectoras, coma min mesma, nos sintamos aí dentro.

Porque tamén medramos e amamos con todo o noso corazón a Gloria Fuertes e a Tolkien. Porque descubrimos La Celestina e a Lorca ao mesmo tempo. Porque lemos a Suso de Toro e Manuel Rivas e Carvalho Calero e vivimos toda a onda poética dos anos noventa con Lupe Gómez, Olga Novo, Chus Pato. Porque temos como must a Emily Dickinson. Porque andamos na procura dun tempo perdido para recuperar todas as lecturas escritas por mulleres que non fixemos antes.

Pola contra non son de listas, nin teño especial paixón polo libro como obxecto, pero é extraordinario poder seguir a alguén que o fai.

En Os libros que hai en min, en definitiva, un exercicio de memoria a través dos libros, un retrato lector xeracional e histórico, e un lugar moi cómodo para todas as amantes da literatura.
Displaying 1 - 8 of 8 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.