Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais –Dinís e Filipa– artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís –un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen– e Filipa –filla dun rico comerciante de Coimbra–. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.
Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976, é unha escritora galega.
Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática.
É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010. Obtivo tamén o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.
En 2019 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil con Xelís, o guieiro das botellas de mar da que o xurado destacou "a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico".
Sinceramente linme o libro por obrigación do profesor de galego se queriamos aprovar a avaliación, entón coma se espera non me gustou moito. Quizais se non fose obrigatorio aínda me podería caer en gracia pero non foi o caso.
Os tempos fixéronseme moi pesados e a forma de facer moito incapé en aspetos que non deberían telo e pouco en situacións que debería profundizar.
Antes que nada, quiero agradecerle a mi profesora de lengua por haberme dejado el libro y sobre todo por haberlo traducido al español. Está fantásticamente traducido y si no fuera por ella nunca me lo habría leído.
Este tipo de libros no es para nada lo que suelo leer. Quiero decir, yo soy más de libros de fantasía de jóvenes adultos con un toque de romance, y para nada un libro de prosa poética basado en la dictadura salazarista y con una historia de amor por medio. Sin embargo, me ha sorprendido para bien.
Lo primero que quiero resaltar, de lo cual llevo hablando desde que me leí los primero capítulos fue la forma en la que está escrito. El vocabulario, las comparaciones, todo, es tan bonito y poético que es simplemente embriagador leer este libro. Un gran punto a favor.
Luego, los personajes en este libro pasan un poco a segundo plano, así que no me da tiempo de congeniar y encariñarme con ellos. Pero dejando esto aparte, los personajes estan muy bien construidos, con una personalidad cambiante acorde a sus distintas vivencias, y se sienten reales de verdad. Y más de uno me ha llegado a caer relativamente bien, como Miguel de Silva, Raúl G, y António.
Por último, la trama. Al ser una adolescente, vivo los libros de una forma distinta a la que los lectores que frecuentan este tipo de libros lo hacen, pero no ha hecho que me guste menos ni nada semejante. Han habido momentos en los que acababa con la boca abierta mientras leía, u otros en los que devoraba el libro con la mirada totalmente ausentada del resto del mundo.
Si te gustan este tipo de libros, este libro es sin duda alguna mi mejor recomendación, e incluso aunque no sea tu estilo de novelas, te animo a salir de tu zona de confort y darle una oportunidad.
Tiña unhas expectativas moi altas con respecto a este libro e non se cumpriron. Lera Veume a ver o mar e gustárame bastante. Pensaba que Resistencia me gustaría máis, xa que se centra nun espazo e tempo que me interesan especialmente. Pero a pesar de que a historia é moi boa non me gustaron os tempos da novela, non entendin por que se extende tanto nalgúns feitos e a outros a penas lle adica unhas liñas. Tamén narra acontecemos prescindibles ao tempo que tiven a sensación de que faltaban partes da historia.
O salitre gravado na pel, no máis hondo das feridas, como una historia maldita de tempos perdidos, de vidas roubadas, de memorias esquecidas que se fan necesario manter vivas custe o que custe. As lágrimas da resistencia na mirada do atardecer.
No esperaba demasiado de esta novela, es del tipo de libros en los que no me suelo fijar y, sin embargo, me ha encantado. Una historia que nos acerca, precisamente, a la historia de Portugal. Un retrato detallado y realista de la vida en tiempos de dictadura, en los tiempos de guerra. Muestra las injusticias de la vida y el paso del tiempo y, sobre todo, el amor... Precioso y sin palabras. PD: El final, por favor, ¡el final!
a historia está ben pero pareceme que se paraba moito nalgunhas partes e demasiado pouco noutras, os tempos fixéronseme un pouco pesados .. pero gustoume moito que mostrase como van cambiando os sentimentos e as esperanzas da xente en canto á militancia política
Situándonos temporalmente na época do Estado Novo, Rosa Aneiros tece unha historia que chega á alma. Con personaxes reais, como o protagonista, e outros froito da imaxinación, consegue dar visibilidade e rendir homenaxe á loita de tantísimos heroes antifascistas portugueses contra a ditadura que os tiña sometidos. Que orgullosa ten que estar Portugal respecto á revolución do 25 de abril do 1974.
A través de Dinís Miranda, coñeceremos as penurias, os malos tratos e as inxustizas cometidas na prisión de Peniche. Unha vida roubada, na que o amor eterno e incondicional cara Filipa, é o que o mantén en pé.
A pesar de que en certos momentos algunhas ideas me pareceron un pouco repetitivas, e que o léxico empregado é, ás veces, rebuscado incluso para un galegofalante, recomendo a súa lectura; tanto polo fondo da historia como pola gran cantidade de datos e personalidades que se poden coñecer na mesma. (Non sabía da historia de Pepe Velo, natural de Celanova).
Destaco a seguinte frase: "o pasado quedara definitivamente pechado baixo o cerrollo do imposible".
E unha, cara ao final, que me partiu o corazón, retrotaéndome ao comezo do libro: "Cando enxergou as canas dos pescadores non se atreveu a continuar...". Alí estaba él: esperándoa. Sempre o estivo.
Podería diferenciar dúas partes claras besta novela, o comezo rápido e fresco, igual que a xuventude dos personaxes, e unha segunda parte máis lenta, abafante e repetitiva. Ten todo o sentido cando a traxectoría persoal dos protagonistas foi exactamente a mesma. Ao comezo enganchoume moitísimo aínda que logo se me fixo máis aborrecida. Con todo, teño que dicir que foi unha gran novela, con unha base histórica dura e real que fai ao lector coñecedor do que implicou a represión fascista de Salazar en Portugal.
Líno para clase de galego pero a pesar de que foi unha obriga, ensinoume cousas e valores importantes, abriume a porta a outros libros desta temática. Sentín que empatizaba cos personaxes e que ao mesmo tempo ía aprendendo cousas que non coñecía. Este libro tamén fíxome pensar máis na política e axudoume a posicionarme, a ser máis consciente da importancia de non quedar indiferente diante da inxustiza.
este libro lo tenía q leer para gallego y la verdad iba con pocas ganas y es cierto que el ritmo era DEMASIADO lento, me costó mucho conectar con la historia pero creo que al final me ha gustado, siento que lo hubiese disfrutado más siendo algo más mayor como a los 20-25 pero me ha parecido muy bonito y a la vez triste. Un 3,5/5
Me gustó mucho y me sirvió para aprender un montón sobre la dictadura en Portugal. Una pena que la edición para el Kindel estuviese llena de faltas de ortografía. Estaría bien que se cuidasen también los formatos en las ediciones digitales.
La verdad que el libro esta en gallego pero lo leí en Castellano, el libro está bien no es de mi estilo y si no me hubieran mandado leerlo en el club de lectura no lo haría. Pero tampoco me encanta el libro. Por eso le pongo un tres.
Me enganchó mucho al principio y me gustó conocer parte de la historia reciente de Portugal y la forma de escribir de la autora. Pero pierde fuelle hacia el final.
A clave deste libro para min foi a crónica histórica do Portugal do século XX. Posiblemente a historia literaria non me atrapou, mais merece a pena léelo.
Esta novela percorre a segunda metade do século vinte en Portugal, contando a vida dos sindicalistas e opositores ó réxime de Salazar, a ditadura máis longa da Europa contemporanea. A trama de ficción vaise misturando con feitos históricos, como a famosa fuga do penal do Peniche, facéndonos ver a evolución do movemento obreiro e da situación política interna. Ó mesmo tempo é unha lectura fácil, cunha linguaxe accesible, que non pretende asoballar ó lector nin dar unha lección de estilo. Anos despois de ler o libro tiven a sorte de viaxar polas terras nas que discurre a trama e puiden recoñecer moitos dos escenarios: a fábrica de vidro, os piñeiros do Rei, o penal do Peniche...