Non sei exactamente que orixinou esta ansia miña de buscar narrativas utópicas ante estes tempos de agotamento e inmobilismo de 'non hai alternativa' (Tachter bailando en su tumba). Imaxino que os reels de gatos deixaron de facer o seu efecto anestesiante ;). Pero o que si sei, e agradezo tanto pero tanto tanto tanto, é que ando somerxida en lecturas que sinalan a necesidade de construír os relatos desde outro sitio que non sexa o medo reactivo (insostible a longo prazo para construír... exactamente nada). E bueno, pois que me están dando a vida! E devolvendo algo de enerxía a este corpo desencantado. De feito, recoméndolle a todo o mundo que ande medio tristeiro polo panorama que o faga: ler teoría utópica e contra distópica <3
Para min este libro foi primeiro unha ostia un pouco dolorosa, porque son e sempre fun unha desexosa de calquera distopía e historia postapocalíptica. Mais agora creo que entendo mellor o porqué de que nas distopías (clásicas e non tanto) atopara tanto goce (no senso lacaniano de regocixarse no malestar), incluso algo de masoquismo: un certo consuelo de que o presente, en comparación, non é o peor escenario posible no que habitar. E si, certamente, isto conduce ao inmobilismo. Si, a distopía é inmobilista. E si, ao neoliberalismo encántalle a distopía.
Así que nada, volvo dicir o mesmiño que cando lin 'Utopía no es una isla' de Layla Martínez: se eu mandase algo nalgún sitio, este libro sería lectura obrigatoria na secundaria.
Amei este libro. Aprendín con este libro. Enfadeime e ilusioneime. Recoméndoo moitísimo.