3'5⭐️
"Ser unha moderna non era tanto bailar ata esvaecer nunha festa grandiosa na casa de Jay Gatsby ou quen sexa que saia na novela que se estea lendo, senón posiblemente sacar o título de perito, traballar de taquimeca ou aplicar rouge nos beizos."
Pareceume un ensaio interesante sobre a muller daqueles anos, no que se abordan moitos puntos de vista diferentes: a moda, as relacións amorosas, a familia, o traballo, a diversión, ...
Había intres no que se me facía un pouco repetitivo, pero gustoume bastante. Destaquei varias ideas e inda por riba rin con alguns comentarios dos "homes" (tamén mulleres) daqueles anos polo absurdo que me soan.