Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas. Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X. L. Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha «profunda vivencia do mar, da soidade individual e dos obxectos». Xerais publica «De catro a catro» na colección de Poesía desde o limiar de Ismael Ramos, que deita unha mirada fresca e profunda dun libro imperecedoiro.
Manuel Antonio Pérez Sánchez, nado en Rianxo (Barbanza, A Coruña, Galicia) o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego.
«De catro a catro. Follas sin data d'un diario d'abordo» é un libro de poesía de Manuel Antonio publicado en marzo de 1928 pola Editorial Nós. É a única obra que o autor publicou en vida, e está considerado a súa obra por excelencia.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979. En 2011 inaugurouse a súa casa-museo en Rianxo.
Non me cansarei de reencontrarme con este poemario nunca. Manoel Antonio é o mellor poeta das nosas letras e , malia ser evidente a influencia de Altazor de Vicente Huidobro en De catro a catro, ao meu parecer, son obras que deberan analizarse por separado. O poeta e anarquista deu con esa invidualidade creativa pola que avogaba no seu manifesto, no que dicía “que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome”.
De catro a catro é o único libro que Manuel Antonio publicou en vida, só dous anos antes de morrer con escasos trinta anos. Os poemas que o compoñen serviron como modelo para todas as letras galegas posteriores, pois foi a primeira incursión da literatura deste país nas vanguardias artísticas que viñan de europa. A abraiante sensibilidade que refulxe dos versos do poeta sabe captar o mundo do mar, o silencio, o espazo enorme e unha temporalidade totalmente propia. Nacen nos poemas unhas imaxes cheas de forza que transmiten en seguida o cheiro a sal, o chillido das gaivotas e a amarga soidade das mareas.
No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: O cadáver do Mar fixo do barco un cadaleito
O poeta non pode escapar da vida mariñeira: cando pasea polas rúas da cidade non atopa nada que puidera facerlle sequera pensar en ficar en terra. Polas rúas dispersas / iámonos fechando / cada un dentro da súa alta mar . Fantástico.