Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Estudiou Filoloxía Románica en Compostela, e é hoxe profesor de Lingua e Literatura Galega en A Coruña, onde tamén impartiu, entre outras, Literatura Universal e Técnicas de Expresión Escrita. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Corrego Gallego, Microfisuras...
Desde hai anos vén organizando na cidade da Coruña debates, conferencias e tertulias de carácter artístico, literario e cultural, así como participando en cursos literarios, na coordenación de premios literarios e na impartición de obradoiros de poesía e literatura. En colaboración con Raúl Reguera publicou o libro Poesía experimental (1978). O seu primeiro poemario individual foi Os bosques encendidos (1981). Logo editaría A caluga do paxaro (1979), Presencias (1985), Iniciación e regreso (1985) co que recibiu o premio Cidade da Coruña en 1982, O Canto da Terra (1987), Regreso e Advenimento (1990), Eu tamén oín as voces do orvallo (1994), Umbral de Vida (1996), premio Esquío de poesía, Don do horizonte (1999), -que abrangue a súa obra poética reunida, á que engade os volumes A néboa invisíbel e Agra da Brea-, Dársenas do ocaso (2002), 1º premio Caixa Nova de poesía e Premio da Crítica Española, a plaquette Longas augas (2003), Vagar de amor e sombra (2004), Para unha luz ausente, premio Espiral Maior de poesía (2006), Do ventre da cóbrega (2008) e Raíz e soño (2009, Ed. Trifolium).
En 2010 saíu publicada a edición castelán do seu libro de poemas Dársenas do ocaso, pola autoridade portuaria de A Coruña.
En colaboración con Manuel Rivas escribiu en dúas noites, e publicou posteriormente o poemario Anisia e outras sombras (1981), unha experiencia de escrita a catro mans. Colaborou nas antoloxías poéticas De Amor e Desamor I (1984) e De Amor e Desamor II (1985), así como no volume e CD de aniversario De amor e desamor (2009, Deputación de A Coruña).
Editou no seu día un libro de reflexións e aforismos titulado Arca cotidiana / Irispaxaros (1984), ao que seguiría un novo volume de aforismos: Da rocha imantada (2010, Laiovento). O gravador Manuel Facal realizou a carpeta de gravados As quatro estacións, sobre poemas de Seoane, e o libro de artista Irispaxaros, sobre aforismos do autor.
Con Manuel Rivas, Antón Baamonde e Lino Braxe, foi fundador e animador da revista e do foro Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: "O pintor Luis Seoane", "Luis Seoane, escritor" e "Arquitectura galega actual". Participou como comisario na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes ("Leopoldo Nóvoa", "Mundos", "Figuraciós", "Isaac Díaz Pardo", "O cómic galego", "Luís Seoane e o libro galego na Arxentina", "Urbe, Natura, Cosmos", "Alberto Datas"...) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos. Coordenou o libro de conferencias A cultura e a criatividade galegas cara o ano 2000, e, ademais de ensaios sobre fotógrafos como Vari Caramés e Vilariño, prologou os volumes A Coruña entre séculos (2000) e Momentos coruñeses (2001).
En 1989 publicou, en colaboración con Lino Braxe, a escolma de textos radiofónicos de Luís Seoane, "Galicia Emigrante". Tamén en colaboración con Lino Braxe editou o volume de colaboracións radiofónicas de Alvaro Cunqueiro, "A máxia da palavra" (1991), o volume "Luís Seoane e o cine" (1994), "Luís Seoane e o teatro" (1996) e "Luís Seoane: Textos sobre arte" (1997). En 1990 saíu á luz o seu libro Identidade e convulsión: Palavra e imaxe da nova arte galega, e, en 1994, Reto ou rendición, análise dos presupostos teórico