Erros e Tánatos componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentidodo humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender. Erros e Tánatos é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e aconementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición, ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décima dende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea.
Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo. Actualmente vive en Peitieiros (Gondomar).
É o menor de once irmáns, entre eles Xavier e Luís. En 1983 tivo que facer o servizo militar, tendo como destinos Figueres e Berga, en Cataluña.
Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988, chegando a crear o máis vendido da historia do galego, O pequeno Xerais.
O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn, onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais) e na Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia, (Brasil), e na actualidade é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
En 1997 tivo un grave accidente automobilístico que o fixo estar un mes en coma e, posteriormente, sete meses hospitalizado en cama. Co trauma do accidente aínda fresco na retina e na mente, Gonzalo Navaza recibiu numerosos premios.
No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.
Forma parte do grupo de traballo que desenvolve o Paradigma da Continuidade Paleolítica para as orixes das linguas indoeuropeas.
Veño de rematar esta obra de pequenos relatos de Navaza. Como toda obra de relatos, hainos mellores e peores. O tono xeral é o que transmite o título, mortes que chegan de xeito insospeitado, e eis o maior problema da obra, xa que os relatos carecen polo xeral do elemento sorprendente. Outro aspecto que botei en falta é a presenza de elementos trascendentes que, penso eu, caracteriza á boa literatura. Polo demais, acho que é unha obra entretida, cun léxico moi coidado, e que se le doadamente. Para descansar de lecturas máis densas. ------------------------------------------------------------ Acabo de terminar esta obra de pequeños relatos de Navaza. Como toda obra de relatos, los hay mejores y peores. El tono general es el que transmite el título, muertes que llegan de modo insospechado, e este es el mayor problema de la obra, ya que los relatos carecen generalmente del elemento sorprendente. Otro aspecto que eché de menos es la presencia de elementos trascendentes que, pienso, caracteriza a la buena literatura. Por lo demás, encuentro que es una obra entretenida, con un léxico muy cuidado, e que se lee fácilmente. Para descansar de lecturas más densas.
Entretetido, sen máis. Aínda que parece buscar a pulsión narrativa a través de xiros finais inesperados, non o consegue, pois sendo ese o fío condutor dos relatos (de aí o título) xa se poden anticipar e resultan predicibles.
Navaza escribe aquí dun xeito áxil, sinxelo e directo, pero boto en falta que aproveite a narración para darlle un ton máis de profundidade aos textos que lle acaería ben, explorando motivacións e consecuencias duns actos que en ocasións parecen transcorrer de xeito inexorable.
Un libro curto, dinámico e con "gancho". Trátase dunha recompilación de dez historias breves nas cales o engano, a inocencia e as malas decisións xogan un papel crucial. Persoalmente, cústame ler unha novela en galego, pero esta recoméndoa moitísimo, xa que a forma na que o autor desenvolve a trama, directa e concisa (e a orixinalidade da mesma), fará que en ningún momento apartes os ollos da folla.
Pese a ser unha obra entretida de ler, moi dinámica e con capítulos magníficos o fin co que se emprega a violencia na obra parece ir máis encamiñado a crear "shock value" que a desenvolver os temas tratados. Unha pena, pois penso que o propio concepto de erros e Tánatos ten moito máis que ofertar e ten potencial para tratar ideas máis profundas. Pese a todo Navaza escribe moi ben, a lectura non é pesada, o seu estilo é directo e invita a ler máis. Opino que se sigue un enfoque máis xuvenil cando o idóneo tivera sido algo máis adulto, pero ao mellor é que non collín o libro no momento adecuado e xa vou vello.
Gustoume moito este libro. Lino como lectura obrigatoria para o instituto. Sempre collo os libros de relatos con certo medo, xa que sempre me espero historias enrevesadas que non acaben de encaixar entre elas. Desde logo non foi o que me pasou con Erros e Tánatos. Os dez relatos son moi diferentes entre si, pero todos teñen en común as accións incorrectas dos persoaxes que ao fin, dun xeito ou doutro, acaban repercutíndoos. Gonzalo Navada ten unha prosa moi boa, áxil e directa. Consegue unir elementos de misterio con outros de risa, e o resultado son finais impredecibles en cada un dos relatos.