Jump to ratings and reviews
Rate this book

Imperios e Danzas: as Españas plurais do franquismo

Rate this book
Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade e diversas manifestacións, un discurso e unha praxe da pluralidade etnoterritorial, compatíbel cun valor supremo, a centralidade dunha nación. En España, o nacemento do fascismo estivo ligado a unha reacción contra dos nacionalismos subestatais e a un desexo de reestruturar a relación histórica entre Estado e nación, e por tanto a inserir novas compoñentes que reflectisen a súa variedade interna, aínda que non en clave política.
Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais como locais, por parte do réxime franquista. O historiador Xosé M. Núñez Seixas estuda a relación entre diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debate sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas, xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime

287 pages, Unknown Binding

First published January 1, 2021

Loading...
Loading...

About the author

Xosé M. Núñez Seixas

81 books10 followers
Xosé Manoel Núñez Seixas, nado en Ourense o 15 de marzo de 1966, é un historiador galego.

Estudou Historia, especialidade Historia Contemporánea, nas Universidade de Santiago de Compostela e na de Dijon. Foi investigador doutorando no Instituto Universitario Europeo (IUE) de Florencia (1989-1992), onde se doutorou en Historia Contemporánea baixo a dirección dos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf.

O seu labor investigador céntrase na análise comparada e transnacional dos nacionalismos subestatais e estatais, tanto ibéricos como europeos, no século XX, así como nos estudos migratorios (especialmente da emigración galega a América) e na historia cultural da guerra, sobre todo da II Guerra Mundial e da Guerra Civil Española, temas todos sobre os que ten máis dunha ducia de monografías en galego, inglés, alemán, francés, portugués, castelán e catalán, amais de abondosos artigos en revistas ibéricas e internacionais, e capítulos en libros colectivos de ámbito europeo e internacional. Fai parte de varios consellos asesores de revistas galegas, españolas e internacionais, como Ayer, Historia del Presente e European History Quarterly, así como do consello de redacción das revistas Historia Social (Valencia) e Passato e Presente (Florencia).

Foi profesor titular (1994-2007) e, dende 2007, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Igualmente, foi profesor convidado de varias universidades europeas (Bielefeld, Zentrum für zeithistorische Forschung Potsdam, París VII, París X), arxentinas (Mar del Plata), italianas (Verona) e norteamericanas (Stanford, City University of New York). Tamén é profesor visitante cada ano do Colexio de Europa, Natolin (Varsovia).

Dende o 1 de outubro do 2012 até o 30 de setembro de 2017 ocupou a cátedra de Historia Contemporánea de Europa (séculos XIX e XX) na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnic, Alemaña, onde desenvolveu o seu labor docente e investigador.

Dende xullo de 2018, é tamén vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

Casado coa historiadora alemá Henrike Fesefeldt, é pai de dúas fillas.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (14%)
4 stars
5 (71%)
3 stars
1 (14%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.