“Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao “éxito”. Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida.
estaba o outro día a deambular por vigo e atopei ao autor deste libro falando da súa obra nunha igrexa??? está en galego así que o lin por practicar e honestamente nin tan mal, gustóume!!!
Comecei a lelo esperando unha sátira dun tipo desclasado e con autoodio, e iso foi o que atopei, se cadra nun nivel superior ao que esperaba, chegando por momentos ao esperpento. A cantidade de aventuras do protagonista tira pola lectura, así como a seguridade de que unhas liñas despois vai caer ata o fondo... pero non dá caído, e por iso segues lendo. Ata case o final, todo ía ben: unha lectura lixeira e divertida, escrita nun galego bastante convencional e mellorable, cunha chea de castelanismos que unha revisión lingüística coidadosa debería depurar. Pero o xiro argumental e o cambio de ton do final... sentíndoo moito, non mo coce o corpo, e quítalle case todo o que de canalla e transgresor podía haber na novela. Aí caeu das 3 ás 2 estrelas.
Posiblemente el guión de una película necesaria en el audiovisual gallego. Entre La Conjura de Los Necios y El Gran Gatsby, esta novela garantiza risa, odio, rabia y sorpresa, el desarrollo de los acontecimientos no hace presagiar el final que Josiño le da a la historia, pero desde luego, vale la pena leerlo para descubrirlo.
Non sabía moi ben que esperar de este libro cando comecei a lelo e cando o termine necesitei un tempo de reflexión. Non é o tipo de libro que adoito a ler pero o autor conseguiu o que pretendia: odiei o protagonista cada vez máis. A cada páxina intentaba conectar có protagonista e creo que foi una perspectiva errada para leer este libro. É preciso lelo cunha mente máis aberta, sabendo que te encontrarás con situacións case esperpénticas, como dicía alguén nos comentarios aquí. Alégrome de saír da miña zona de confort e abrir máis os meus horizontes lectores. Dende logo, este é o libro que podería esperar de Josiño Araújo.