O título alude ao lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como a lembran os seus achegados, grazas ao proxecto que pon en marcha Dalmao, mozo licenciado universitario. A el únense Larisa, Daniel e Héitor. En total, catro enxeñeiros informáticos que precisan de alguén máis que domine varias linguas e saiba redactar. E esa persoa é a protagonista da novela, quen non sospeita que a historia das vidas dos demais vai levala a descubrir as orixes da súa propia e agochada historia. Cun estilo directo ao servizo da intriga e cun formato breve como corresponde ao premio de narrativa Repsol que gañou na súa edición do 2021, Xosé Monteagudo fai confluír o eterno desexo humano de transcendencia co presente dixital máis anovador e convídanos a reflexionar sobre o futuro dunha sociedade que aspira á permanencia concibíndose como un inmenso arquivo dixital.
Cualificarío de 'libriño' pola suavidade do seu desenvolvemento. Un diminutivo que case (pero non) podería abranguer tamén a súa lonxitude. Mais se me fixo en como me foi cautivando a súa suavidade acompañada da viaxe a unha especie de meta universo-libro doado de representar mentalmente e que se extende á realidade fóra do papel que serviu de vehículo, entón, é un libro que non admite máis diminutivos que os que acompañan ós xeitos cariñosos, tecido a nivel historia ou de significado e lingua, candidato unha vida lonxeva entre os seus compañeiros de calquera época.
libro ameno chuli para pasar o tempo, igual non son moi obxectiva porque sempre me gustou moito a forma d escribir d Xosé Monteagudo (caeme genial desde q coincidimos nunha conferencia en 2018!!!) E aínda que este libro no me gustou tanto como outros que ten recomendaríao para ler cando non tes moito tempo. Tamén sería lectura que aconsellaría se dese clase a nen@s de instituto jjj
La trama de la aplicación Eternity me ha enganchado, me apetecería saber más de ella, incluso que existiera. La historia de Carolina y su hija, me sobra. No me engancha. Me ha gustado una parte.