Jump to ratings and reviews
Rate this book

Misarela

Rate this book
Despois de Portosanto, o autor (Torrelavega, 1977) segue desvelando os segredos ocultos da historia de Galicia e mergúllanos nun dos misterios máis esgazadores do final da Idade Media. Xa só as tempestades visitan os cumios do pequeño eremitorio da Misarela, ao que chega un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Desde ese intre, a paz dos cenobitas vira en convulsa e incerta. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas.

1076 pages, Paperback

First published November 15, 2021

Loading...
Loading...

About the author

Rodrigo Costoya

7 books15 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (57%)
4 stars
3 (42%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Ave de mil plumas.
403 reviews5 followers
May 22, 2023
Tíñalle moitas ganas a este libro, así que foi o escollido polo Día do Libro este ano. Teño que dicir que non pensaba que fose tan longo. A primeira parte resultoume interesante, mais cara ao medio fíxoseme algo lento. Logo, cara ás últimas páxinas, voltou a ter particular interese.
Destacaría a mistura entre ficción e historia, con teorías hoxe maioitariamente descartadas pero coas que pode ser interesante traballar na ficción. Tamén con outras maneiras de enfrontar a historia, como pode ser ver aos Reis Católicos desde unha perspectiva diferente á que normalmente vimos acostumados cando estudamos esa etapa histórica.
Displaying 1 of 1 review