En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca do Bierzo, das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera, un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores.
En «Cando os lobos escoitaban a radio» Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora.
Non está mal, nada mal. Incluso está ben. E como remata está moi ben. Véñome arriba. Catro estrelas ho!
Libro curto para os estándares actuais que ofrece unha historia desde o punto de vista de tres personaxes que se alternan ó longo dos capítulos. Prosa sinxela, nada alambicada.
A maior péga que lle poño é que ó ir cambiando o narrador en cada capítulo cústame un pouco chegar a coñecelos. Son necesarias máis páxinas para entender ben ós protagonistas. Por outra banda isto fai que o final do libro sexa o punto culminante dese coñecemento. E xunto a forma de rematar a historia en si mesma fai que acabe por poñerlle catro estrelas.
Debería aclarar que veño doutras lecturas que non me encheron e coma esta si que o fai a vexo con mellores ollos.
Outro punto que non podo deixar e comentar (no é unha crítica, tan só o sinalo, nada en contra). Se fixesen unha película do libro, pero non unha calquera, non, unha versión desas “ghuarras” poderían darlle o texto sen modificar ó director e diría que non é quen de poñer todas as escenas íntimas que aparecen no libro na película.
Engado unha última cousa que acordei mais tarde e creo que pode ser interesante: aínda que se base nunha historia real quen a descoñeza vaise encontrar cunha historia con perseguidos e perseguidores pertencentes a dous bandos enfrontados (un deles dominante dominante).Os protagonistas poderían ter outro nome e seguiría funcionando igual de ben como narración dramática.
Opinión persoal: 🌟🌟🌟🌟🌟 ❤Ola veño con esta magnífica novela histórica. Unha novela que tendes que leer pra saber un pouco mais do que ocurreu nos montes, e nada vida. ❣️Nesta novela metemonos de pleno nunha loita de ideoloxias. ❤Encontramos entre as páxinas , aventuras, pasión, odio, rencor, traicions, e unha gran loita por sobrevivir. ❤Tamen atopamos a delatores con pel de cordeiro. 💛Tamen tiveron a sorte de atoparse con xentiña boa que os axudou arrisgando a sua vida. ❤Esta él unha historia real e moi ben documentada. ❤ Como xa sabemos pola historia inda ca guerra rematara a xente loitaba polos seus ideais, e polo tanto pola sua vida.
🥰 Quero agradecer a @edicionsxeraisdegalicia polo envío do exemplar. Mil grazas