Jump to ratings and reviews
Rate this book

Sempre en Galiza

Rate this book
Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos. No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.

584 pages, Paperback

First published January 1, 1944

63 people are currently reading
359 people want to read

About the author

Alfonso Daniel R. Castelao

70 books61 followers
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademáis, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
154 (57%)
4 stars
86 (31%)
3 stars
23 (8%)
2 stars
7 (2%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 18 of 18 reviews
Profile Image for Joaquim.
16 reviews3 followers
July 14, 2016
Um imprescindível para conhecer, desde dentro, a figura de Castelao: suas inquedanzas, suas tendências políticas e religiosas, sua análise da situação do seu País, Galiza... mas também aqueles pensamentos mais pessoais, sua evolução interior, suas viagens e estadias em diferentes pontos do Estado, sua relação com diversas persoas que influiram em sua vida etc. Um must-read para qualquer galega.
Profile Image for Vacho.
121 reviews1 follower
January 9, 2025
Esperabame un tratado de ciencia politica, como un debuxo técnico do que pode ser unha nación galega. Supoño que suposición mal feita, pro haber escoitado a tantos falar de él. O que atopo non é iso. É algo mellor posto que vexo as verbas de quen busca as razóns do seu ser, de eso que o leva a identificarse como galego e como non só mantelo vivo senón procurar o seu futuro. Tamén esencial neste cometido, o feito de ser ese galego non nega a ningué. O seu é universal e humán. Eu cando era mais cativo nunca me identificaba con ningunha nación, entendía o feito de ser como algo azaroso, quizais dende que souben que nacerá en Suiza. Nacín alí como puiden habelo feito en Chicago. Son igual que os demais. Pero onde un pace da certas formas propias de ver o mundo, e son fermosas cada unha delas. Porque querría prescindir dese saber e unirme a unha corrente de abstracto universal? O universal dende o propio é mais vivo. Por eso son galego.

Quitando este breve texto, para calquera que se queira acercar saibs que é un diario de pensamentos. Analiza o feito diferencial de Galicia afondando na historia. Pero sobre todo fala do seu presente, da guerra que o obrigou a marchar e a solución que ofrece. Dende que aprendín que é o krausismo vexo canto influenciou en toda a Hespaña contemporánea.

Viva Galicia!
384 reviews13 followers
Read
December 22, 2023
A fondura inteletual e moral de Castelao é de sobra coñecida e abonda ler un capítulo calquera de Sempre en Galiza para decatarse. O que neste longo e intenso libro expresa o autor de Rianxo é un testemuño de coherencia e compromiso, pero ademáis, e o que é máis importante, é unha das teorias nacionalistas máis sólidas que se poden oferecer. Nin racista nin excluinte (tal vez un pouco esencialista de máis, pero tampouco moito) o concepto de nación de Castelao é, por contra, unha base sólida para o universalismo, pois a humanidade só pode cumprirse dende as particularidades dos seres humanos e dos pobos que a compoñen. É tamén unha das apoloxias máis ferventes dunha Hespaña diversa, plurinacional e federal fronte aos berros estólidos do nacionalismo hespañol e a sua fantasiosa "Hespaña unha" que nunca existiu, agás nas súas cabezas. O que queda após a sua lectura é o anceio de construir sempre en plural e a importancia da diversidade e a liberdade contra todo autoritarismo uniformizador.

Moito máis poderiase dicir deste libro e do seu autor, pero seria chover sobre mollado. Vivan os pobos ceibes e morran os imperios e os pillabáns que os gobernan.

PD: nunca lle perguntes a Castelao que opina dos xitanos.
Profile Image for Diego Pino.
73 reviews14 followers
February 18, 2024
Acostumo comezar as miñas recensións explicando cales foron os motivos que me levaron a ler unha obra. No caso de "Sempre en Galiza" a primeira lembraza que teño foi que ma recomendou un amigo hai anos. Deixeino pasar, mais xusto o ano pasado cando estaba lendo "Assim nasceu uma língua" do filólogo portugués Fernando Venâncio, o meu camiño cruzouse de novo coa obra de Castelao. Citaba Fernando Venâncio ese fragmento no que Castelao recorda cando foi a Coimbra en 1906, formando parte dunha tuna académica, e os estudantes portugueses asañánbanse cada vez que lles falaba galego, como se o galego lles lembrase unha orixe bastarda. Penso que aquí foi cando decidín saldar deudas co fillo mais celébre de Rianxo e ler dunha vez por todas "Sempre en Galiza".

Mudeime a Eslovaquia a comezos deste ano, e de Galicia o único que me trouxen foi este libro (quedáronse atrás varios libros de Cunqueiro que terán que esperar a outra ocasión). Confeso tamén que apurei para rematar o libro. Hoxe é 18 de febreiro e é posible que se abra un tempo novo en Galicia.

Castelao é, xunto con Risco, o gran arquitecto do nacionalismo galego no século XX. E certo que os alicerces xa estaban postos no século XIX con Brañas e o seu libro "El regionalismo", mais Castelao dalle ao nacionalismo galego non só teoría senón tamén acción política (Castelao foi deputado nas Cortes durante a II República). Risco virou a dereita, mais ben a extrema dereita, pero Castelao mantívose sempre firme e inquebrantable no espazo da esquerda. Por tanto, non hai mellor xeito de comprender o nacionalismo galego de esquerdas que lendo "Sempre en Galiza".

O libro está estructurado en cinco partes, cada unha delas localizadas en espazos físicos e cronolóxicos diferentes. A primeira chámase "Adro" e as subseguintes "Libro I", "Libro II", etc. Non vou facer un resumo de cada unha destas partes, xa que esa información pódese atopar en liña fácilmente.

Qué o que me pareceu máis salientable do libro? En primeiro lugar, comprender o pensamento político de Castelao. Vouno sintetizar deste xeito: para Castelao España está constituída por 4 nacións: Castela, Cataluña, Euskadi e Galicia. Todas estas nacións son nacións españolas, que deberían convivir xuntas nun réxime federal. Esta forma de organización, fronte ao estado unitario e centralista, sería máis respetuoso, e viviría nun equilibrio máis axeitado, coas nacións que existen dentro de España. Castelao tamén está aberto a existencia de rexións autónomas dentro das nacións. Por suposto, Castelao explica o seu concepto de nación, onde a existencia dun idioma propio xoga un papel importante. Non filosofea Castelao desde o seu faro único, hai moito bagaxe político-intelectual detrás. Fai referencias Castelao a Ortega, Proudhon, Renan, Jean Jures, por citar uns poucos. Menciona varias veces Castelao que o seu nacionalismo é maiormente cultural. O que lle interesa e preservar a idosincrasia do pobo galego (língua, cultura, tradicións, xeitos de vida, etc). Considera a situación actual, derivada da forma de organización do estado, como unha posición de dominio na que Castela trata de asimilar a Galicia, e as outras nacións de España. Unha política que, a pesar dos séculos, non acaba por facer desaparecer as características diferenciais de Galicia. É dicir, Galicia resístese inherentemente a ser asilimada por Castela, e o mesmo se podería decir das outras nacións españolas: Cataluña e Euskadi. O tan temido secesionismo é unha posición maximalista, xustificable no caso de que Castela insista no seu xenocidio cultural contra as outras nacións de España. De todo esto da boa conta Castelao a través da súa experiencia como diputado nas Cortes. Gustoume tamén, moi especialmente, o relatorio sobre o tortuoso camiño ata a aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia (que aprobouse de forma simbólica, e aínda así con dificultades, polo goberno da II República no exilio en 1945). Outra cousa salientable é a opinión que tiña Castelao sobre a II República, a cal consideraba centralista, e con razón. Sempre me sorprendou, durante o "procés", as manifestación coas Senyeras independentistas e a Tricolor. Eu preguntábame, esta xente molestouse en ler a Constitución da II República?

Outras cousas positivas do libro son as cronoloxías sobre a historia de Galicia e os seus persoeiros. Como fonte de información e divulgación está ben, como documento historiográfico probablemente non sexa riguroso. Non porque o que se diga non sexa certo, senón porque descoñecemos o que falta.

Cousas que me gustaron menos. Creo que o patriotismo de Castealo e fundamentalmente sentimal, onde Galicia representa a idealización do "ben" e os seus adversarios son o "mal". Demasiado simple coma para ser certo. Por outro lado, os pensamentos sobre as ideas de etnia e raza, certamente escasos, quedaron desfasados e obsoletos. Tamén é certo que a comezos dó seculo XX a construción de pensamentos políticos en torno a raza non tiña as connotacións que tivo despois da II Guerra Mundial e o fascismo xenófobo de Adolf Hitler.

Vaga a pena ler "Sempre en Galiza"? Abofé que si. Aínda hai cuestións non resoltas propostas neste libro. Hai outras que deben ser repensadas para adaptalas ao contexto político actual. Por exemplo, Castelao visualizaba unha España Federal a que se sumaría Portugal. Esta cuestión carece de relevancia tal que así, dado que existe hoxe en día unha supraestructura que incorpora a Portugal e España dentro dun mesmo espazo político e económico. Mais as relacións entre Portugal e España, tan importantes para Galiza, seguen pendentes.

En resumo, "Sempre en Galiza" e o mellor ponto de partida para comprender o nacionalismo galego de esquerdas e repensalo desde o contexto político actual.
Profile Image for Xaime Fernández.
73 reviews12 followers
May 31, 2021
Prestome abondu lleelo, esti llibru fai un percorríu perinteresante pela hestoria de Galiza y les sos aspiraciones nacionales. Mas nun fala namás d'eso, magar que seya esti'l tema central, sinón que recueye idegues bien fondes alrodiu custiones tan dispares ya relevantes como la conveniencia d'un réxime federal ibéricu, europeu ya mundial; los raigaños culturales del conceutu "nación" perriba los meramente políticos; varios aspeutos de la política nos años de la República; horizontes futuros tres de la guerra europea; razones del trunfu subleváu en Galiza, etc.

Como asturianu sentime identificáu con delles custiones que fala Castelao del so país que bien sedríen aplicables al de mio, véase la morfoloxía agraria minifundista o mesmo la sensación de saudade (señardá n'asturianu) al vese unu lloñe la so tierra. Namás-y quito una estrella porque a vegaes fae gala d'un misticismu esencialista de raigambre cristiana dalgo cascante, amén de repetise bastante en ciertos puntos. Gustaríame, eso sí, entrugar si dalguien conoz o tien referencia d'esa supuesta reconocencia de la nacionalidá gallega per parte la III Internacional que menta nel primer llibru, ya que nun soi a atopar nada concretu.
261 reviews2 followers
June 2, 2017
Ai, Castelao! Este libro merecía 5 estrelas se non fose tan repetitivo polo medio, inda bo é que na última parte se centra un pouco.
O máis interesante é o principio, escrito cando inda había esperanza de que a guerra acabase pronto e non fose máis que un pequeno intervalo no camiño da república. Parte o corazón ler o Castelao tan esperanzado coa república e o federalismo desde o noso punto de vista, sabendo o que lle viña encima a España.
Profile Image for Esmeralda Casabianca.
14 reviews
December 9, 2024
Non sei moi ben por que na escola se menciona Sempre en Galiza como unha máis das obras de Castelao. Non é unha obra máis, é a súa obra magna.
Ninguén quixo o noso país coma este home. Ninguén nos entendeu mellor.
Castelao sempre será noso.
Profile Image for Raquel Ventoso.
8 reviews8 followers
June 21, 2020
Este libro cambioume a vida, a miña perspectiva e entendemento de Galiza radicalmente. Estremadamente necesario e relevante.
Profile Image for Raúl.
109 reviews7 followers
February 15, 2022
É a primeira vez que leo un libro destas características e, inda que non é o meu estilo, pareceume un libro moi interesante. Castelao fálanos da súa concepción de Galiza dentro do territorio español e introduce moitos aspectos, como o da lingua, a política, a historia e a sociedade, entre outros. De feito, Sempre en Galiza é unha forma máis entretida de coñecer a historia de Galiza desde as súas orixes, ademais de coñecer aos principais persoeiros que loitaron pola liberdade e polo Estatuto galego.

Porén, non todo son boas críticas: unha desvantaxe deste libro é o punto de vista superficial que ten o autor no momento de falar de certos temas (cousa que fai que non saibas se o que Castelao di é certo ou só unha forma de convencerte); e outra é o carácter tan repetitivo do libro, cousa que fai que o lector se distraia e perda o fío do que o autor está falando. Ademais, o ritmo nestas partes decaía e a lectura facíase máis difícil.

A pesar das repeticións e da perspectiva un pouco soberbia nalgunhas partes, Sempre en Galiza é un libro clave para entender o pensamento político de Castelao relacionado non só con Galiza, senón coa organización política do territorio español.

«Para nós, os galegos, a Terra (así, con maiúscula) é Galiza. O que nos xunta nunha comunidade espiritual é, principalmente, o amor á Terra. E cando dicimos “a nosa Terra” queremos dicir “a nosa Nación”. A Terra é a Matria.»
Profile Image for iria.
31 reviews
March 9, 2025
«Galiza ten hoxe unha forza vital capaz de conducila a tódolos delirios de grandeza. Pode chegar á loucura. Pero —ouvídeo ben, hespañoes—, endexamais chegará ao suicidio. E Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira.

Pedimos que a nosa Terra sexa nosa. Porque somos fiIlos dela. Porque ninguén máis pode gobernala. Porque ninguén máis pode cumprir a súa misión hestórica. Porque levamos o seu nome polo mundo adiante. Porque queremos comprir a postrimeira manda dos nosos irmáns: os que deron a vida pola liberdade.

Si, custa moito crer que os males políticos de Hespaña teñan remedio. Pero nós somos galegos; xente prudente e de bo sentido, liberal e pacifista, entusiasta até o lirismo, segura de que "a luz virá para a caduca Iberia dos fillos de Breogán". Non temos ningunha fé nos hespañoes, pero témola en nós mesmos e nas ideias que profesamos: Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais povos de Hespaña.»
Profile Image for Carlos Santoro Lorenzo.
95 reviews
August 22, 2023
E incrible ver cómo, se sabes un pouco de Castelao, a medida que avanza o libro e o tempo él vai cambiando de ideas e incluso se deixa ver o que de verdade pensa. Maravilloso
Profile Image for BraisBH.
95 reviews2 followers
July 5, 2024
Nótase que se trata dun compendio de artigos, ensaios, discursos e etc, porque qué repetitivo e longo é.
Hai dous tipos de capítulos neste libro:

-Capítulos nos que fala da política do século XIX e da II República. Soa máis interesante do que é. "I en tón o deputado nº123 dixo X dos galegos i entón nos firmamos o estatuto ZZZ..."

-Capítulos nos que fala do "espírito nacional" e demáis. Están ben, pero bótase en falta algo de materialismo.
Profile Image for Paulina Ferrer.
176 reviews
Want to read
December 15, 2025
Es una obra fundamental del nacionalismo gallego, un ensayo que combina artículos, discursos y reflexiones sobre la identidad, historia y futuro de Galicia, escrita desde el exilio republicano y publicada clandestinamente en 1944, siendo un grito de esperanza y un testimonio del compromiso del autor con su pueblo, defendiendo su carácter nacional y su derecho a autogobernarse, todo ello con un estilo apasionado y una visión que une la tradición con la modernidad europea.
6 reviews
August 13, 2025
Interesante libro que además muestra la evolución y radicalización del pensamiento nacionalista en Castelao ante la desilusión de la política española y el shock de la Guerra Civil. Interesante la idea de la Hespanha con reminiscencias de iberismo y federalismo. Importante también el substrato racista en ciertas partes como al hablar de los gitanos y andaluces.
6 reviews1 follower
February 11, 2025
Un libro necesario para coñecer a historia recente de Galiza, e a non tan recente. Reflexiona sobre as particularidades que fan de Galiza unha nación, sobre o noso idioma e sobre os agravios que sufriu ao longo da historia, empezando por Isabel a Católica.
Displaying 1 - 18 of 18 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.