Jump to ratings and reviews
Rate this book

A soidade selénica

Rate this book
Primeiro libro da nova colección Ficción Científica

A Terra é un océano esférico. A pouca terra firme que queda está poboada por dous bandos que manteñen unha tensión voraz. O medo é tan abundante como a auga salgada. O único que pode evitar a desaparición da humanidade é a exploración e terrificación doutros planetas. Pero antes debe pasarse pola proba da supervivencia na Lúa: o silencio, o descoñecido, a soidade.

Loia chega ao Mar de Aluminio armada coa súa curiosidade e a súa capacidade para amar, arrastrando un pasado tenebroso e un futuro incerto. Os xemelgos que a acollen deberán preparala para unha nova realidade: unha verdade ditada por un Senado todopoderoso.

190 pages, Paperback

First published March 14, 2022

2 people want to read

About the author

Juan Parcero

5 books1 follower
Juan Manuel Parcero Martínez, coñecido como Juan Parcero, nado o 27 de maio de 1977 en Moaña, é un escritor e cineasta galego.

Traballador da banca, estudou na UNED. Foi concelleiro do BNG en Moaña, ocupando o nº 2 da canditatura en 2019 e dimitiu en 2021.

Dirixiu 10 curtametraxes con Moaña de fondo.

Despois de tres novelas psicolóxicas (Sangue no ollo, A fiestra abertae Vento na cara), con A soidade selénica, inaugurou a colección Ficción científica da Editorial Galaxia.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (40%)
4 stars
1 (20%)
3 stars
1 (20%)
2 stars
0 (0%)
1 star
1 (20%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
Profile Image for Carminha.
24 reviews4 followers
September 19, 2022
Doulle 3 estrelas sobre 5 porque se ben me gusta a forma de narrar, a ambientación e as persoaxes; non deixa de ser un clásico escenario distópico cultivado polo propio ser humano a base de explotar os recursos da Terra. A pesares de ser unha temática moi recurrente na literatura e na ciencia fición en xeral, gustoume a versión de Parcero e sí o recomendaría.
Engadir que é a primeira obra distópica que leo en galego, o cal tamén resulta positivo para min 👍🏻

Spoiler: O final deixoume con mal corpo, e non polo mero feito de que remate como remata (cunha guerra nuclear na Terra destruíndo os resquicios de vida existentes), senón polo cambio de ritmo radical que toman as dúas últimas páxinas.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Belén Conde.
Author 17 books39 followers
March 11, 2023
En el futuro, la Tierra se ha anegado y lo poco que queda a flote es gracias a islas artificiales. Pero incluso entonces hay bandos diferenciados que se pelean entre ellos. Loia llega al Mar de Aluminio, un refugio para humanos emplazado en la isla de Ítaca donde conoce a sus mentores, los gemelos Xano e Irana. Loia desconoce muchas cosas, pero lleva a sus espaldas un terrible pasado y una inmensa capacidad de amar y de aprender que se ven amparadas por su curiosidad innata. Ella se hace muchas preguntas, pero los hermanos saben que es mejor vivir adaptándose a la situación, en espera de llegar a Perla, el paraíso anhelado donde vivirán hasta que la Tierra vuelva ser un lugar seguro, y quién sabe si también otros planetas de la galaxia...

"A Soidade Selénica" (La soledad selénica), de Juan Parcero, es una obra de ciencia ficción con un mensaje potente. Una historia introspectiva donde abunda la reflexión y el diálogo interior que nos recuerda la capacidad que tiene el ser humano de destruirse con tal de llevar la razón. Un futuro distópico y aterrador donde tenemos la capacidad tecnológica pero seguimos pensando en la guerra y en la conquista. Encarnada en el personaje de Loia está la esperanza, y en la de los gemelos, la resiliencia. Con una ambientación serena de territorios vastos y desérticos y una engañosa quietud el autor nos hace partícipes del lado menos amable de la soledad, la falta de respuestas y la fecha de caducidad de las promesas. Una historia muy disfrutable, más filosófica que fantástica.
Profile Image for Adrián Bote.
Author 2 books8 followers
November 23, 2024
Merquei A Soidade Selénica con especial ilusión por facer parte da escasa produción de ciencia ficción en lingua galega. O libro de Juan Parcero non defrauda, resulta interesante e orixinal

A Soidade Selénica debuxa un futuro, indeterminado no tempo, de crepúsculo da civilización humana. Enmárcase, por tanto, no subxénero da distopía. Os temas e mais o estilo lembran a Solaris (obra, por certo, citada no texto da novela): o papel central no mundo onírico, do monólogo interior, da soidade lonxe da Terra.

Coido que Juan Parcero escribiu A Soidade Selénica coa intención de facer reflexionar, e non tanto de entreter cunha trama trepidante. Así e todo, ao longo do texto vanse ciscando unha serie de misterios e preguntas que máis adiante se resolven, cousa que engade riqueza á novela. Iso si, parte deste último aspecto queda deslucida pola sinopse da contracuberta, que desvela feitos que acontecen bastante avanzada a lectura.

A prosa é coidada, rica sen se facer requintada nin artificiosa. As descricións son sensoriais e verosímiles. Queda marcada con forza a oposición entre e o territorio agresivo e salvaxe onde nacen os protagonistas e o Mar de Aluminio, aséptico e ordenado.

Gustoume, tamén, o deseño da cuberta, esa composición malva, baleira de individuos, sobre fondo branco casa moi ben co ton da novela.
Profile Image for Andrés L Blanco.
18 reviews2 followers
January 9, 2023
Falta narración. Os acontecementos cóntanse como de pasada, non hai unha sucesión consistente de escenas, só momentos resumidos, pensamentos, impresións do narrador. Un narrador cun punto de vista ambiguo, que pasa dun personaxe a outro sen poñer o foco en nada.
Falta desenvolver o mundo, un planeta Terra nun futuro distópico do que apenas se nos dan catro pinceladas.
Só hai tres personaxes, que non acometen ningunha acción, non teñen ningunha iniciativa, tan só se deixan levar por unha debilmente construída trama. Abundan as descripcións dos seus pensamentos pero non chegamos a coñecelos nin (no meu caso) a empatizar con eles.
Se todo isto foron decisións conscientes do autor, desde logo, desde o meu punto de vista, non funcionan. Paréceme un borrador ou unha idea de libro máis ca unha novela rematada.
Displaying 1 - 4 of 4 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.