Fundamental para entender non só a loita pola diversidade e a identidade sexual e de xénero, senón para comprende un chisco máis a evolución social da Galiza do último século, dende unha lóxica política con todo o que se deriva cara o queer, núcleo central da investigación.
É forte e serio a nivel académico, contundente a nivel militante e, en todo caso, deixa o sabor de boca de que como ben sinala a autora, hai moito máis a coñecer sobre as realidades sexuais ocultadas nos períodos centrais do s. XX, pero esa é unha realidade que por ilícita, é difícil de recuperar, malia que rescata un número extenso de novas e historias que nos permiten albiscar ben o que acontecía e o que podía haber máis soterrado. Con todo, brillante e formativo. Esencial en bibliotecas sobre a realidade política e social galega e incluso do estado.