Jump to ratings and reviews
Rate this book

O tradutor de sombras

Rate this book
Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá entregándolle a palabra a personaxes tan relevantes que deseñarán a arquitectura coral de «O tradutor de sombras». Coñeceremos a Néstor, as súas vivencias políticas e a traxedia persoal que o envolve; vibraremos con Camila Ferro e coa súa turbadora historia de amor e morte; latexaremos coa experiencia psiquiátrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face máis esgazadora da doenza mental nas voces trémulas de Inés Lostre e Simón Cibeira. Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado; outras, frenético e mesmo, en ocasións, aloulado- na novela desprégase nunha polifonía de tons diversos e disonantes que acadan a harmonía no conxunto final. A confirmación dunha autora que con «O tradutor de sombras» presenta unha orquestra poderosa contra a morte e o esquecemento.

176 pages, Paperback

First published June 1, 2022

7 people want to read

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (14%)
4 stars
2 (14%)
3 stars
6 (42%)
2 stars
2 (14%)
1 star
2 (14%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Lucia.
83 reviews
March 3, 2023
Gustoume moito a visión que fai de Ourense e do proceso que houbo en Galicia antes da guerra civil, mencionando a personaxes ilustres e escritores moi queridos. Pero perdinme moito a partir de que o avó desaparece da novela, quizais non entendín o que a escritora quería transmitir.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.