Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton.
Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1977, é unha poetisa galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión.
Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores até que, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), contando 17 anos. Ademais deste galardón, foi merecedora do Premio Johán Carballeira polo seu terceiro poemario, Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén obtivo o Premio da Crítica Española en 1998.
Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), formou parte do equipo directivo de Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite.
Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, coa música ou co audiovisual. Así, publicou xunto ao pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Nese mesmo ano, e baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas. O libro da egoísta (2003) foi número un en vendas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademais moi boas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual e que resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de Compostela Curtocircuíto 2004 na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas que a levou a ser nomeada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolve desde 2009 o ciclo Poetas Di(n)versos, con recitais conxunto de poetas galegos e de outras linguas.
Polémica con Aduaneiros O 16 de outubro de 2007 foi protagonista dunha polémica co blogue de humor gráfico galego Aduaneiros sem fronteiras. Yolanda Castaño tíñase solidarizado con Isaac Díaz Pardo pola súa marcha de Sargadelos. Pouco despois aceptou un posto na Coruña traballando para Sargadelos.
Tras a solicitude do avogado da autora para que a páxina retirase un deseño nomeado Tu quoque Iolanda? e os comentarios con palabras malsoantes a xeito de insulto (segundo a propia poeta, "uns 4 ou 5, [...] dos 80 e pico comentarios") os responsábeis da páxina decidiron pechala antes de cumpriren coa solicitude e como protesta por non poder facer autocrítica do país.
Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), así como en Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), no Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), no de Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e en Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004).
Tamén aparece a súa obra nas antoloxías Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas. (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005), así como nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesí
Lino mentres o escoitaba en audiolibro con esa prosodia perfecta que caracteriza á autora (está dispoñible de balde na súa web www.yolandacastano.com).
Pareceume unha viaxe no tempo moi conmovedora, sempre ao redor da familia en clave autobiográfica, dende historias da guerra civil ata as descubertas adolescentes, pasando polos apegos e desapegos ata o remate, tan reivindicativo, dos poemas da renuncia a maternidade. Ata rin.
Poemas duros y potentes, pero que requieren un esfuerzo por parte del lector para el que quizás no era mi momento, sobre todo de la última parte. Probablemente vuelva a ellos y mejoren para mi.
Mat(e)ria. Xa é un xogo de palabras dende o título. Porque Yolanda Castaño é unha xogadora fina e irónica que fai póker con corazóns e con bastos. Este poemario pareceume sentimento pero sobre todo cabeza poética, porque os mesmos estados da súa composición son unha oda ao pensamento poético, ese que existe e que, ao mesmo tempo, reivindica non ter que ser sinónimo de interpretación. Se ler a Yolanda sempre me gusta, máis aínda escoitala declamar, algo que fai que os poemas gañen en fondura porque, como ela tamén di, a palabra acaba sendo aire: sinxelo e vital.
Paréceme un poemario redondo: a materia conformada polos seus estados. Non me chegan as estrelas para a parte do iceberg. Despois… Que lucidez, para falar e non falar da maternidade.
Asi e todo, sinto que eu non conectei con todas as reflexións…
Que experiencia tan marabillosa foi achegarme á escritura de Yolanda Castaño con «Materia». Eses sentimentos do fogar, da familia, da amizade fixeron que nas miñas meixelas nadasen as bágoas. Seguirei descubrindo a obra desta autora con moito gusto e pracer.
pensei en darlle un 3 porque algúns poemas non os entendín demasiado ben, pero como o último deixóume maaaal (é dicir, cos ollos chorosos) subo a nota a 4. despois de todo, a poesía baséase nos sentimentos que transmita, non?
Non lhe ponho 5 estrelas para ser algo imparcial, porque desta mulher sempre vivin namorado. Namorado do seu gusto polo xogo de significados, pola variedade e orixinalidade formal e de contido. Polo tanto non vou dizer nada para alén de que me gustou moito o apartado que lhe adica á renúncia da maternidade e aos seus matices aparentemente contraditórios. Pouco se trata habitualmente sobre este tema dun xeito tan honesto, pois todo é ou defensa do dereito da mulher à escolha ou ataque ao mesmo e romantización da vida fetal.
Pola contra, neste poemário humanicei e descubrín en grande medida as emocións e pensamentos que evoca a decisión da non reprodución, tendo en conta a propaganda à que un-a mulher é sometida dende nena para que sexa nai, si; pero tamén o que é un desexo potencial de todo ser humano e mais a repetición dun ciclo do que xa fomos parte como filhos. Tamén o amor teórico e amargos polos filhos que existiron anos como proxecto e colapsan a medida que a idade avanza e a decisión se fai mais clara. Sublime.
Necesito volver lelo porque si e non só para atopar un poema que levar a clase. Gustáronme moito pero creo que non os puiden apreciar como debería e quedei un pouco fría.
Hai un par de días polo Día da poesía foi unha gran ocasión para reler unha das obras que máis me gustou estes últimos meses. É Materia de Yolanda Castaño.
É esta una obra moi reivindicativa e feminista coa lingua persoal e recoñecible da autora que tanto me gusta e chea de imaxes sensoriais, por veces insólitas e sempre moi potentes.
Non sabería moi ben con que poema quedarme porque o conxunto é moi equilibrado pero gustoume pola súa temática, "Modas Lolita Rivas" na que o vocabulario da costura está finamente cosido nesta reivindicación do traballo liberador da costura, como metáfora da vida da feminista.
Tamén me chegou moi dentro "Primeira casa", esa forma na que o corpo lembra a nosa primeira vivenda, como nos impregna aínda que esa casa non teña nada especial salvo para nós porque constitúe a base da nosa xeografía persoal.
Tamén me parece un exercicio moi persoal esa alusión á familia que percorre o poemario: Carta ao irmán, Canción do mariño mercante, A casa de meus pais, Chumbo. Esa forma na que a familia, especialmente a nai consegue ser a chumbada que dá a vertical nesa construción que somos cada un de nós.
Unha obra preciosa para volver a ler en calquera momento.
As 5 estrelas van para o último poema, "Suspendida", que conectou comigo, a un nivel emocional profundo, e evocou imaxes e sensacións que me fixeron ter que deixar de ler, para non derramar unha bágoa sobre este fermoso poema, que me deixa unha impresión eterna de emoción e nostalxia. Algúns dos meus poetas favoritos son: Alejandra Pizarnik, Ida Vitale, Idea Vilariño, Wislawa Szymborska, Francisco Brines, Felipe Benítez Reyes... e por este poema tamén o é Yolanda Castaño.
Más que poesía me ha parecido un recopilatorio de aforismos porque, a excepción de dos o tres poemas, carecen de ritmo. Versos con punto final y sin un hilo conductor claro que me recuerdan más a la poesía elevada que a nada que pretenda "cuestionar lo establecido" como dicen en el comunicado en el que anuncian el premio. Decepcionante.
Quizais non o libro máis accesible da poeta, pero con cumios literarios, especialmente no terceiro acto. Os versos sobre a maternidade e a non-maternidade rachan a alma polos lugares máis escuros: a realidade apagada.
Os poemas «A roda da fortuna», «O peso da ingrávida» e «Suspendida» lánzante a un lugar devastador. O futuro é atrás.
Algunos poemas me han encantado, el problema, como con casi todos los libros de poemas, es que al acabarlos no me deja ningún recuerdo o sentimiento. Obviamente, el problema es mío, no he conseguido todavía que la poesía me trascienda.
Encantoume en xeral só que as partes máis relativas á maternidade aínda que me encante a súa mirada sobre o tema é un tema que me interesa pouco pero en xeral precioso
«A muller leva no colo as súas propias palabras para ocultar, co peso, o tremor que a sostén»
Con la poesía me parece prematuro sacar una conclusión. Tengo que leer más a fondo el libro. Creo que es más prosa poética. Pequeñas historias muy ligadas a la tiera, al cuerpo, a lo femenino. En ese sentido, plantea un enfoque interesante. Necesario leer más.
Paga a pena lelo polo poema "E", pareceume boísimo e de lectura obrigada. Non acostumo a ler poesía e costoume entender alguns versos ou poemas enteiros