Jump to ratings and reviews
Rate this book

Antese

Rate this book
Premio Victoriano Taibo 2021

Dúas mulleres, nai e filla. Un lugar: o xardín. Unha condición: o crecemento. Unha pexa: o vencello que é ligadura. A partir de situacións cotiás, cunha poética baseada na linguaxe coloquial e nos símbolos dos medios dixitais, na música e na evocación de imaxes, Arancha Nogueira fai presente a circunstancia principal da vida: o acceso á liberdade.

O paralelismo entre a idea de natureza como xardín e a poesía como cultivo da linguaxe; a metáfora, aquí renovada, do abrollar como un rebentar emancipatorio, a arte como medio de liberación son algúns dos temas que outorgan a este poemario a levidade e a fondura dunha flor. No lugar había un ermo, Antese é un poemario sobre como cultivar un xardín.

84 pages, Paperback

First published February 4, 2022

Loading...
Loading...

About the author

Arancha Nogueira

11 books11 followers
Arancha Nogueira (Ourense, 1989) publicou o libro de poemas Andar descalza (2014), Premio de Poesía Francisco Añón; o único lugar onde ficar inmóbil (2018); spleen en catro tempos (2018) e a comparsa (2019), alén de gañar diversos premios de poesía, como o Johán Carballeira, por dente de leite (Xerais, 2019). É xornalista e investigadora predoutoral, e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
10 (40%)
4 stars
10 (40%)
3 stars
5 (20%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Lara.
411 reviews15 followers
June 19, 2022
pero como pode esta muller facerme sempre o mesmo? agora estou na obriga de ler todo o que saque esta señora porque SeMpRe sAe bEn!!! cÓmO?
Profile Image for elen.
20 reviews
June 4, 2025
desliceime neste imaxinario sen querer e cando me decatei non puiden saír ata a última páxina. marabilla
Profile Image for Andy  da Fonte.
8 reviews
October 24, 2025
has de entrar, mais cando entras todo é precisar o volume exacto de bágoas entre os afectos, o silenzo e o medo 💐
Displaying 1 - 3 of 3 reviews