Jump to ratings and reviews
Rate this book

O libro negro da lingua galega

Rate this book
Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

768 pages, Paperback

First published June 1, 2022

Loading...
Loading...

About the author

Carlos Callón

17 books10 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
24 (68%)
4 stars
7 (20%)
3 stars
4 (11%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Pablo Otero.
37 reviews8 followers
November 11, 2024
Que necesaria esta obra de Carlos Callón para entender a historia do idioma que tamén é a historia do país.

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galicia ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.

Nas súas páxinas abórdase dende a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980 ata a prohibición das misas en galego, queima de libros, despidos de traballadores por falar en galego (en democracia!) e moito máis.

A do galego si que é unha historia de resiliencia, ou máis ben de resistencia 💙✊
Profile Image for David Reyero.
65 reviews1 follower
October 1, 2025
Bo libro para coñecer a represión e persecución que sufrió a lingua galega na sua historia.
Por otra banda, ahí errores que non podo deixar pasar como leonés:

1. Na páxina 64 dice: "con preferencia de tres universidades castelás:" facendo referencia ás universidades de Alcalá, Valladolid y Salamanca, sendo esta última leonesa, non castelá.

2. Nas páxinas 154-155 dice que a franxa oriental do país (Galicia) non permaneció unida ao resto de provincias galegas na división de J. de Burgos de 1833 (como O Bierzo) y que pasaron a las provincias de Oviedo, León y Zamora. O autor debería saber que os territorios do Bierzo, Seabria y os do oeste de Asturias non foron nunca galegos, ainda que se fale a lingua de Galiza, estos aires imperialistas nacionalistas y expansionistas cansannos ao pobo leonés, porque quen mellor que os galegos que sufrinon esta represión da lingua, que mellor sabedes o que é que non se respete a un pobo, para ter cos pobos leonés e asturiano mais respeto, amistade, recoñecimento e axuda mutua
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Sara.
91 reviews3 followers
October 25, 2025
É un libro denso, de investigación-divulgación e pensado para debullalo aos poucos, xusto o que teño feito eu con el durante estes dous meses e medio.
Secasí, sen ánimos a ser novela, é a crónica dunha agonía, a da miña (nosa) lingua, que me costou por momentos tolerar.
Como historiadora direi que me encanta o moito que respecta a fonte Carlos Callón, e o ben traída que está sempre ao relato.
Non vou negar que unha acaba desesperanzada, máis coido que este libro debe ser levado sempre na mochila, na cabeza e no corazón, pois nel están as chaves do proceso de supervivencia da nosa cultura e identidade.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews