What do you think?

Cando leo
Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible. Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo.
40 pages, Hardcover
Published March 10, 2022
About the author
Eva Mejuto
34 books9 followersEva Mejuto é doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004, en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 forma parte do proxecto "Capicúa de xestión cultural e proxectos".
A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no Máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros co alumnado dos colexios.
É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes.
En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda guerra mundial.

Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
September 1, 2026
Eu sempre recomendo Como unha novela de Pennac como obra de defensa da lectura e que debulla os beneficios que supón nas nosas vidas. Este libro que traio hoxe, Cando leo de Eva Mejuto e Bea Gregores, é unha defensa da lectura similar pero adecuada para a nenas e nenos que comezan a adquirir o hábito lector.
Cando leo é un álbum ilustrado con grandes imaxes a dobre páxina que desenvolve como os libros enriquecen as nosas vidas: fan posible o imposible, permítennos ser máis libres, vivir outras vidas e habitar outros mundos. Os nosos problemas, por moi graves que sexan, sono menos, e podemos ser nós mesmos cando lemos.
Máis aló das súas páxinas, esta pode ser unha obra adecuada para iniciar unha conversa agora a principios de curso sobre o que é a lectura nas nosas vidas, pois é nas idades para as que está pensado este libro, cando centros escolares e familias poden intervir no establecemento deste hábito que nos cambiou a vida a moitas.
Necesitamos máis libros así!

July 8, 2023
Es un bonito cuento que refleja la gran paz que siente una cuando está sumergida en las páginas de un libro, me he sentido identificada en todo momento, pero aún así siento que podría haberme gustado más, siendo consciente que es un cuento para niños considero q se me queda un poco corta la historia.😊
Displaying 1 - 2 of 2 reviews