Jump to ratings and reviews
Rate this book

A muller de ferro

Rate this book
Un conxunto de relatos que teñen como escenario e protagonista o mundo rural galego, observado por Neira Vilas á marxe de calquera idealización ou tentación nostálxica.
Este libro aborda o mundo rural, enxergado dende unha perspectiva crítica e de superación de atrasos e eivas históricas. A violencia, os prexuízos e a miseria están presentes nun mundo para o que o autor reclama conciencia colectiva e solidariedade a través dun estilo narrativo caracterizado polo seu poder expresivo e a súa eficacia comunicativa.

152 pages, Paperback

Published May 16, 2002

Loading...
Loading...

About the author

Xosé Neira Vilas

95 books18 followers
Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega.
Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (66%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
1 (33%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.