Jump to ratings and reviews
Rate this book

Avelaíñas eléctricas

Rate this book
O estilo de Sica Romero é rápido, fluído, e encaixa perfectamente coas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos atopar actualmente no mercado do libro. Visual, porque mentres lemos a súa novela creamos esa imaxe na nosa cabeza; e poética, porque aínda que os versos non representen máis que unha vixésima parte da obra, resoan ó longo de toda a prosa.

A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela que publicamos pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social.

220 pages, Paperback

First published August 1, 2022

3 people are currently reading
100 people want to read

About the author

Sica Romero

2 books4 followers
Jessica García Romero, coñecida literariamente como Sica Romero, é unha escritora e guía de museo galega.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
46 (35%)
4 stars
46 (35%)
3 stars
29 (22%)
2 stars
5 (3%)
1 star
2 (1%)
Displaying 1 - 19 of 19 reviews
Profile Image for Lara.
407 reviews14 followers
August 22, 2024
sica romero págame a terapia 🔪🔪🔪.

agora en serio, menuda marabilla de libro. non sei se é por unha combinación dos temas que trata, a oralidade da narración e os puntos de vista (2ª persoa para Olivia e 1ª para Mariña), pero é unha lectura que cala moi adentro. aínda que ser eu son máis Mariña na vida, podes empatizar e entender totalmente ás dúas protagonistas.

sinto que ao ser unha experiencia tan persoal e visceral non podo falar con moita obxectividade ou sentido sobre o que fai este libro tan bo. é certo que tiven un parón importante polas primeiras 20/30 páxinas porque aínda non lle tiña collido o ritmo á historia, pero unha vez que te metes non consegues saír.

aínda así, é unha obra que trata varios temas fortes, polo que tería coidado cos trigger warnings. sen facer unha lista extensiva, podo pensar en suicidio, abuso sexual (concretamente violación), morte dun familiar, drogadicción, homofobia (en menor medida)... aviso para a xente que sexa sensible con estes temas porque é importante coidar a saúde mental dun antes que nada.
Profile Image for Littera-lupa .
13 reviews24 followers
May 29, 2025
Con dúas protagonistas inesquecíbeis, "Avelaíñas eléctricas" de Sica Romero presenta a historia de dúas rapazas nun momento complicado das súas vidas. Tras romper coa relación romántica que mantiñan, procuran encontrarse a si mesmas ao tempo que o seu lugar no mundo.

As personaxes son complexas e, través de metáforas e símbolos, mostrannos as súas realidades, atravesadas por problemas de índole social como o patriarcado, o sistema familista e a precariedade laboral e de outras máis concretas como os problemas de saúde mental ou as drogas. Estes e moitos máis temas son explorados na obra con gran profundidade e sempre desde a interseccionalidade.

Para máis, o diálogo con outras obras literarias e mesmo de outros ámbitos artísticos enriquece a novela e nos leva a novas perspectivas desde as que reflexionarmos sobre as emocións e reflexións das protagonistas.

Con respecto ao estilo, é experimental e orixinal e utiliza técnicas como a ruptura da cuarta parede, o monólogo interior, os xogos metaliterarios e a mestura de xéneros literarios. É grazas a estas estratexias que a autora logra propoñer un texto en que teñen cabida diferentes interpretacións e en que cada lectura pode levar a quen le a un punto diferente.

Outro aspecto a destacar é a introdución da variedade do galego da Costa da Morte, unha forma intelixente e eficaz de diferenciar as dúas voces narrativas e de mostrar máis sobre a súa forma de ser e de se expresar.

En conxunto, a obra non só é interesantísima desde un punto de vista técnico e temático, senón que tamén marca no plano emocional e interpela de tal forma que é moi sinxelo atoparse nas súas palabras❤️‍🩹.

Cada liña é digna de destaque e inunda a alma como as ondas do mar, mais aquí deixo o fragmento que dá título á obra como mostra: "Xa de cativa caín na conta de que era distinta. Nalgún momento ese distinta colleu o matiz de peor. Quizais, o peor dos meus medos era a sensación que debía saírme do corazón, porque se estendía por todo o corpo como se unhas pequenas avelaíñas de cores apagadas ás veces, de colorinches outras, me percorresen as veas e as arterias, ata que esa sensación estraña conquistaba cada espazo dos meus adentros."
Profile Image for unollarmeu.
61 reviews6 followers
October 22, 2025
(Re)lectura que foi igual de ben ca a primeira lectura.

Sígueme encantando como se profundiza nas dúas personaxes principais e como se diferenzan e se relacionan á vez. Distínguense polo galego empregado, pero tamén polo carácter e a situación persoal. Con todo, Olivia e Mariña están presentes tanto nos capítulos dunha coma da outra, deixándonos coñecer unha relación pasada linda e dura a partes iguais.

Gustáronme moito as pinceladas sobre arte e os fragmentos doutros autores que Sica entrelaza no discurso.

A conclusión é que ojalá podelas cuidar ás dúas, porque ao fin e ao cabo solo son rapazas de 20 anos ás que lles cae enriba un peso de adultos para nada manexable e para nada adecuado para rapazas da súa edá. E sobre o final… sendo un libro como é xa sabía eu que iba ter algo deste tipo…

P.S.: pasarán os anos e volvereino ler porque olvidarei a mitá do argumento (como me pasou esta última vez) e porque me acordarei do moito que me gusta como escribe Sica Romero e volverei querer repetir.
Profile Image for Gala.
348 reviews1 follower
January 14, 2025
Non recomendo en absoluto ler o audiolibro, é unha adaptación terrorífica que non deixa desfrutar para nada da historia en si. A historia resultoume interesante pero tampouco podo xulgar demasiado por culpa do formato. Haberá que lela en físico.

Que desilusión que para os poucos audiolibros en galego que hai e que ademais este está en Audible, non se fagan, na miña opinión, cun pouco máis de criterio. A lectura fíxoseme moi apurada (e mira que eu adoito escoitalos en x1.15) nivel que tiven que baixalo de x1 porque senón non me enteraba de nada. Mezcla de personaxes por culpa de que non había ningún cambio de entoación nin nada, cero pausas...non sei, un rebumbio.
Profile Image for Aldara.
31 reviews1 follower
November 1, 2025
Vaia viaxe. Toca tantos temas dunha maneira tan sensible e ao mesmo tempo sen edulcorar nada que agora mesmo creo que o volvería empezar para revivilo todo. Quedo con Mariña e Olivia para sempre no corazón.
Profile Image for Bea Vázquez Díaz.
104 reviews3 followers
March 28, 2023
[GAL] Hai uns meses pedía recomendacións de lecturas e a propia Sica díxome que "Avelaíñas eléctricas" podía gustarme. Tardín un chisco en facerme con esta novela, pero a autora non ía nada desencamiñada.
En "Avelaíñas eléctricas" temos 2 personaxes principais: Olivia e Mariña. Diferenciámolas principalmente pola norma empregada para escribir cadanseus capítulos. Olivia, coa gheada e o seseo propios da Costa da Morte (un gustazo ver estes trazos plasmados na escrita para alguén de costa coma min, a verdade). Mariña, seguindo a norma do ILG. Atrévome a dicir que é o rasgo máis característico que as diferenza, porque as dúas teñen unha historia vital complexa, as dúas estudaron Historia da Arte e as dúas pensan a unha na outra constantemente.
Estamos ante a primeira novela de Sica e non podo máis que felicitala pola súa creación. Primeiro, polo texto en si, xa que introduce temas dos que é moi importante falar hoxe en día (saúde mental, v*olencia intrafamiliar, abus* se*ual...), así como numerosas referencias artísticas que enriquecen moito a lectura. Pero tamén por todo o que ten que ver co produto final. Cada detalle do libro está coidado ao máximo; é unha obra visual ademais de escrita.
Néspera editora estreouse no mercado con este libro que penso que non deixa indiferente a ninguén. Unha proposta quizais arriscada, pero coa que realmente penso que acertaron para darse a coñecer.
Agora toca seguirlle a pista á autora e á editorial, xa que ambas me deixaron con ganas de máis!

[CAS] Hace unos meses pedía recomendaciones de lecturas y la propia Sica me dijo que "Avelaíñas eléctricas" podía gustarme. Tardé un poco en hacerme con esta novela, pero la autora no iba nada desencaminada.
En "Avelaíñas eléctricas" tenemos 2 personajes principales: Olivia y Mariña. Las diferenciamos principalmente por la norma empleada para escribir sus propios capítulos. Olivia, con la gheada y el seseo propios de la Costa da Morte (un gustazo ver estos trazos plasmados en la escrita para alguien de costa como yo, la verdad). Mariña, siguiendo la norma del Intituto de Lingua Galega. Me atrevo a decir que es el rasgo más característico que las diferencia, porque las dos tienen una historia vital compleja, las dos estudiaron Historia del Arte y las dos piensan la una en la otra constantemente.
Estamos ante la primera novela de Sica y no puedo más que felicitarla por su creación. Primero, por el texto en si, ya que introduce temas de los que es muy importante hablar hoy en día (salud mental, v*olencia intrafamiliar, abus* se*ual...), así como numerosas referencias artísticas que enriquecen mucho la lectura. Pero también por todo lo que tiene que ver con el producto final. Cada detalle del libro está cuidado al máximo; es una obra visual además de escrita.
Néspera editora se estrenó en el mercado con este libro que pienso que no deja indiferente a nadie. Una propuesta quizás arriesgada, pero con la que realmente pienso que acertaron para darse a conocer.
Ahora toca seguirle la pista a la autora e a la editorial, ¡ya que ambas me dejaron con ganas de más!
Profile Image for Begilita.
107 reviews2 followers
January 31, 2023
Qué bonito o galego e o ghalegho. Me costó entrar en el libro, no era lo que me esperaba, era mucho más duro y sin embargo me fue enganchando hasta conocer más por qué habían llegado ahí las protagonistas. Hilado muy despacio, con muchas descripciones y con Rosalía.
Profile Image for Carlota.
9 reviews
February 26, 2023
Que guai ler algo tan fresco e actual en galego. Caéronme bágoas lendo escenas tan próximas, sentín ás protas moi moi cerca, reais pola súa forma de falar e ser. Jo, e que é poesía e cotidianeidade, todo mesturado, e gustoume.
Profile Image for Diego.
63 reviews6 followers
September 16, 2024
O que máis me gustou foron eses momentos de profundar nas personaxes e decatarse de que son mozas de vinte anos procurando ser adultas mais que, malia todo, seguen tendo vinte anos. O final sóubome a pouco e encantaríame saber como continúa a historia delas dúas.
Profile Image for Mariña Loureiro.
299 reviews4 followers
July 20, 2025
Dúas voces intercaladas, en primeira e segunda persoa; dúas mulleres e a problemática que acompaña o paso a idade adulta: rupturas sentimentais, adicións, abusos, problemas familiares e pantasmas propias que toman a forma dos insectos que lle dan título.

Unha proposta poética e sensorial na que a forma cobra importancia tanto na lingua como no propio obxecto: a edición é unha marabilla visual; e na que o peso da historia recae na introspección máis que na acción.

Fermosa esta novela de Sica Romero.
Profile Image for andrea.
91 reviews
June 28, 2024
que libro tan cuco e que gusto da a forma na que está escrito, ogallá que todolos libros en galego foran así (quizais é un 4’5 pero finxiremos demencia)
Profile Image for Lady Eboshi.
9 reviews1 follower
October 23, 2025
"Avelaíñas eléctricas" é unha novela imprescindible da narrativa galega actual. Cunha prosa luminosa e experimental, a autora mergúllanos nas inquedanzas dunha xeración que busca sentido entre a precariedade, o desamor, a saúde mental e as sombras da identidade. A súa escrita, viva e sen medo, reivindica a lingua como espazo de liberdade. É unha obra valente, emotiva e fondamente auténtica: unha pequena faísca que segue a brillar moito despois de pechar o libro. Necesitamos máis obras de Sica Romero!
Profile Image for Soledad Mariño.
Author 1 book2 followers
September 20, 2023
Olliño a Sica Romero! Semella ter as cousas ben claras. As protagonistas están moi ben debuxadas (é unha obra onde prima o humano) pero, sobre todo, namoroume o seu estilo, como intercala a Mariña e a Olivia, a narración, o coidado que pon tamén no visual e como mestura a Rosalía de Castro cos ansiolíticos de xeito harmonioso.
2 reviews
June 6, 2023
Que libro quentiño… deses de tocar terra!
Unha marabilla a literatura que Inclúe variantes da lingua.
Profile Image for charlotte.
79 reviews1 follower
June 28, 2025
'cause maybe you'll be the one that saves me.
Displaying 1 - 19 of 19 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.